Archivado en Comunicado breve, Negociacion Colectiva, Comunicados convenio, Unión Comarcal A Coruña, Comercio Galicia

O 27 de xaneiro constitúese a Mesa Negociadora do Convenio

Comeza o proceso de negociación do Convenio Comercio-Alimentación A Coruña


ércores 27 de xaneiro de 2016 constituiuse a Mesa Negociadora do Convenio Colectivo de Comercio Alimentación da Provincia da Coruña, dando inicio ao proceso de negociación.

Un Convenio de gran relevancia que regula as condicións laborais de multitude de traballadores e traballadoras de pequenas tendas de alimentación en toda a provincia, carnicerías, pescaderías, conxelados, etc, ademais de grandes cadeas de supermercados como GADIS ou FROIZ, tanto nas súas tendas como centrais de distribución.


Estamos convocados no mes de febreiro a unha nova reunión, á que CCOO acudirá consciente da responsabilidade de conseguir un bo acordo, que permita mellorar as condicións de traballo dun número tan importante de persoas que traballan no sector.

Seguiremos informando puntualmente de todas as novidades ou acontecementos que vaian aparecendo durante esta negociación, mediante as nosas ligazóns:

https://www.facebook.com/ServizosCCOO,

https://twitter.com/servizosccoo