Sobre o plan de viabilidade de Mutua Gallega
Desde a Representación dos Traballadores queremos informar da situación actual do proceso que afecta a Mutua Gallega.
Esta representación non se opón ao Plan de Viabilidade mentres non teñamos coñecemento do mesmo, iso si, se devandito Plan fose lesivo para os dereitos e intereses de calquera dos empregados desta mutua, oporiámonos ao mesmo radicalmente, tomando todas e cantas medidas fosen necesarias para defender os intereses das traballadoras e traballadores.
Unha vez analizado o Plan e se este non fose viable, a nosa opción seguiría sendo unha fusión coa mutua que presentou a oferta mellor valorada no seu momento.
Así mesmo, damos traslado da contestación que hoxe nos chegou desde a Dirección Xeral de Ordenación ao noso comunicado remitido o 30/07/2018.
Analizando o contido, entendemos que se referendan os pasos seguidos por esta representación en defensa dos intereses do conxunto dos empregados.
A sustentabilidade de Mutua Gallega ante o proceso de fusión
Ante o proceso de fusión por absorción no que está envolta Mutua Gallega, desde a Representación dos Traballadores manifestamos que:
Desexariamos que a nosa Entidade puidese continuar a súa actividade en solitario durante moitos anos máis pero, á vista da situación actual e atendendo ás instrucións emanadas desde a Secretaría de Estado da Seguridade Social, entendemos que para as empresas e traballadores/as afiliados/as, e para os/as propios/as empregados/as de Mutua Gallega, a mellor solución para garantir a sustentabilidade e o futuro de todas as partes implicadas neste asunto pasa por un proceso de fusión.
A Representación dos Traballadores
Posible absorción por fusión de Mutua Gallega
Ante a posibilidade de absorción por fusión da Mutua Galega desde a Federación de Servizos de CCOO en Galicia queremos indicar que defenderemos a proposta que implique a salvagarda de postos de traballo do cadro de persoal así como as súas condicións, e que, á súa vez, ofreza un mellor servizo médico e profesional aos traballadores e mutualista galegos. Como entidades integradas no Sector Público Estatal colaboradoras coa Seguridade Social que son as Mutuas entendemos que han de primar estes criterios obxectivos e sociais e non outros. Esta esta é a postura que os nosos delegados e representantes de CCOO en Mutua Galega están a levar a cabo nos distintos ámbitos de actuación.
Proclamadas as candidaturas da Federación de Servizos ao Congreso Extraordinario da Unión Comarcal de Arousa
- Data de celebración: 10/07/2018
- Lugar de celebración: Local UC CCOO R/ Alexandre Bóveda,2-2 36600 Vilagarcia (Pontevedra)
- Horario: Fase Electiva: 13:00-17:00 horas.