Excelentes resultados de CCOO Servizos na súa primeira candidatura en FREMAP Pontevedra
CC.OO. Servizos estrea a súa representatividade cun gran resultado nas eleccións celebradas hoxe martes, 29 de novembro. Nos catro
centros de Fremap na provincia da Pontevedra (Vilagarcía, Porriño, Vigo e Pontevedra) obtivo dous delegados, UGT tres e CSIF catro. Cabe salientar que as diferenzas de votos foron mínimas, con só un de diferenza respecto a UGT.
CC.OO. pasa a ter dous representantes, resultado que o sindicato entende como un
recoñecemento das traballadoras e traballadores da empresa ao traballo
realizado por CCOO.
Desde CCOO
queremos agradecervos ás traballadoras e traballadores de Fremap Galicia a confianza depositada nesta organización.
CCOO Servizos renova a súa maioría nas eleccións sindicais en FREMAP Coruña
CC.OO. revalida a súa maioría nas eleccións celebradas onte nos catro centros de Fremap na provincia da Coruña: Coruña, Ferrol, Santiago e Ribeira, cun censo total de 76 electores. Dos 5 representantes
elixidos 4 son de CC.OO. e 1 de UGT.
CC.OO. pasa de 3 a 4 representantes, UGT de 2 a 1, resultado que o sindicato entende como un
recoñecendo das traballadoras e traballadores da empresa ó traballo
realizado por CCOO.
Desde CCOO
queremos agradecer ás traballadoras e traballadores de Fremap Galicia a confianza depositada nesta organización.
CCOO Servizos gaña por segunda vez consecutiva as eleccións en Frater Prevención Lugo
A Federación de Servizos de CCOO de Galicia gañou as eleccións sindicais celebradas en Frater Prevención (Lugo), que se celebraron no día de hoxe. A candidatura proposta polo sindicato logrou un delegado, despois de dúas impugnación presentadas por UGT.
CCOO Servizos gaña de novo as eleccións en Generali Ourense e Vigo
A Federación de Servizos de CCOO de Galicia gañou as eleccións sindicais celebradas nos centros de Generali en Ourense e Vigo, que se celebraron no día de hoxe. A candidatura proposta polo sindicato logrou un delegado en Ourense, mentres que CIG, que presenteou candidatura por primeira vez, non conseguiu representación. En canto a Vigo obtivo un delegado e cada unha das dúas oficinas.
CCOO Servizos gaña as eleccións en Catalana Occidente Vigo-Centro
A candidatura presentada pola Federación de Servizos de CCOO logrou o/a único/a delegado/a elexible no proceso electoral do pasado día 19 de setembro. Cabe salientar que tanto os tres delegados de Coruña como os tres de Vigo representan a CCOO nas devantitas circunscricións.