Comercio Vario Coruña: a patronal non quere negociar un novo convenio
A vixencia do Convenio Colectivo do Comercio Vario da provincia da Coruña rematou en decembro de 2015 e actualmente está en ultractividade ata o 30 de xuño de 2018.
Atopámonos con que moitas das asociacións patronais afectadas por este convenio non quere sentarse a negociar, impedindo que poidamos constituir a mesa de negociación. Fixeron caso omiso dunha solicitude de mediación tramitada polos sindicatos a través do Consello Galego de Relacións Laborais.
O grave problema que isto provoca é que SI NON SE ASINA UN NOVO CONVENIO, ESTE DESAPARECE, desaparecendo por tanto os dereitos acadados e con consencuencias demoledoras.
Non se cobraría o 100% nas baixas, conxelaríanse os salarios, reduciríanse ao mínimo as licenzas retribuídas e poderían contratar novo persoal cobrando só os 707,60 euros brutos de salario mínimo interprofesional, aplicaríase o Estatuto dos Traballadores sen nengunha mellora, DEIXANDO O SECTOR EN PRECARIEDADE TOTAL.
Ante esta situación, estamos a realizar as actuacións necesarias para forzar á patronal a sentarse a negociar e conseguir o mantemento do Convenio de Comercio da provincia da Coruña.
PARA INFORMARTE DE PRIMEIRA MAN, PARA CALQUERA APORTACIÓN E PARTICIPAR NÁS DECISIÓNS QUE SE TOMEN POLA LOITA DOS NOSOS DEREITOS, ACUDE AS ASAMBLEAS, CONCENTRACIÓNS E MOVILIZACIÓNS QUE IREMOS COMUNICANDO.
PROXIMA CONCENTRACIÓN 17 DE NOVEMBRO AS 12:00 HORAS
Plaza Galicia - Santiago
Plaza de Lugo - A Coruña
Centro Comercial Odeón - Ferrol
CCOO Servizos obtén a maioría absoluta no Comité de Empresa de CTAG
CCOO e UGT lamentan a catástrofe forestal que asola Galicia e transmiten o seu pesar ás familias das vítimas
As comisións executivas do Sindicato Nacional de CCOO de Galicia e de UGT-Galicia lamentan a catástrofe forestal que está a sufrir Galicia nestas últimas horas polas súas dimensións dramáticas e consecuencias humanas, económicas e ambientais.Polo momento, esta vaga de lumes que asolan Galicia dende onte xa se cobrou catro vítimas. Ambos os sindicatos transmiten o seu pesar ás súas familias e amigos nestes momentos tan complexos e transmítenlles os desexos dunha pronta recuperación aos feridos.
CCOO e UGT apostan por un modelo turístico sustentable e con emprego decente
Con motivo da celebración do Día Mundial do Turismo 2017, a Federación de Servicios de CCOO e a Federación de Servicios, Movilidad y Consumo de UGT denuncian que a bonanza económica que vive a industria turística a nivel xeral traduciuse en maior explotación laboral, con salarios baixos, precariedade, falta de negociación colectiva sectorial e aumento da externalización. Segue