CCOO acada a maioría absoluta no comité de Office Depot (Ourense)
O pasado xoves, 11 de xaneiro, celebráronse as eleccións na empresa OFFICE DEPOT Ourense obtendo un total de catro delegadas e delegados dun total de cinco.
Estas eleccións corresponden ao personal de trababalladores e traballadoras de Office Depot, empresa adicada a distribución de material de oficina.
CCOO, a pesar de non ter representación nesta empresa, non deixou de estar a o lado dos traballadores e traballadoras e apoialos cando así nolo solicitaron. Agora eles devolvenronnos esa confianza sobradamente.
CCOO Servizos quere amosar o seu agradacemento a todas as persoas que participaron neste proceso e en especial ás que co seu voto depositaron a sua confianza en Comisións Obreiras.
CCOO Servizos quere dar tamén os parabéns a todos os traballadores e traballadoras mostrando o noso compromiso para levar a cabo o mellor traballo posible en defensa dos intereses de todo o persoal.
CCOO Servizos acada representatividade no primeiro comité de Ideal Call (Coruña)
Convenio Bingo Galicia. Convenio colectivo das empresas organizadoras do xogo do bingo
RESOLUCIÓN do 5 de agosto de 2016, da Secretaría Xeral de Emprego, pola que se dispón a inscrición no rexistro e a publicación no Diario Oficial de Galicia do Convenio colectivo das empresas organizadoras do xogo do bingo.
Carta ao Concello de A Coruña rexeitando a apertura de festivos solicitada por Carrefour
Dende a Federación de Servizos de CCOO de Galicia, rexeitamos unha vez máis as aperturas en domingos e festivos, e ratificámonos na idea de que sen estas aperturas, o horario comercial xa abastece suficientemente as necesidades comerciais, e a ampliación só serve para deteriorar aínda máis a posibilidade de conciliar a vida laboral e familiar, xerando un prexuízo notorio a todos os traballadores e traballadoras do Sector.
Podes ler o texto completo da carta aquí:
Precariedade e cambio tecnolóxico: dous retos para a recén constituída Agrupación de Servizos Técnicos e Administrativos
O II Congreso da Federación de Servicios de CCOO determinou nos seus
relatorios e Estatutos que o Consello Federal aprobaría durante o
presente mandato a integración de Servizos Administrativos e Servizos
Técnicos. Cabe salientar que a nova agrupación recolle os sectores de:
Servizos Administrativos, Seguros e Mutuas de Accidentes de Traballo,
Planificación e Consultorías (TIC), Contact Center, Enxeñerías e
Inspección Técnica e Intermediación Laboral.
Esta nova estrutura
presenta aínda máis diversidade tendo en conta os distintos sectores que
recolle a nova agrupación, ademais de retos organizativos e de acción
sindical máis amplos, tales como combatir a precariedade e dotarse de
novas ferramentas ante o cambio tecnolóxico e a dixitalización no
traballo.
A celebración deste Plenario de integración supón unha
continuidade do proceso iniciado en 2014, así como unha importante
ampliación do seu ámbito funcional e sectorial que dá lugar a unha nova
realidade organizativa que require novos órganos de dirección. Neste
caso, unha vez realizadas as votacións queda elixido como responsable da
coordinadora da agrupación Héctor Ortega Sánchez.
O presente
plenario debe servir para integrar, ilusionar, comprometer e construír
un sector que integrará unha ampla gama de subsectores, con
heteroxeneidade nas súas características e maior variedade dos seus
modelos de negociación colectiva.