Segunda reunión do acordo de relacións laborais para Pontevedra de Adecco Outsourcing SAU (Eurocen)

Acaba de celebrarse a segunda reunión relativa á negociación do acordo de relacións laborais para a provincia de Pontevedra coa dirección da empresa. Devandito acordo está dividido en dúas vertentes diferenciadas e relativas, a 1ª, a cuestións elementalmente salariais e a 2ª, a cuestións de tipo social como son permisos remunerados e licenzas.Segue


Xuntanza da estrutura da Federación de Servizos de Galicia coa nova Dirección Provisional

Despois da disolución da anterior executiva da Federación de Servizos de Galicia, hoxe martes, seis de agosto celebrouse unha xuntanza en Santiago á cal asistiu a estrutura cos integrantes da Dirección Provisional.

Tratáronse diversos temas, entre os cales están a situación da Federación, a atención sindical e a organización do traballo ata o Congreso da Federación que se celebrará o próximo quince de marzo.

Na imaxe, e de esquerda a dereita, algúns dos integrantes da Dirección Provisional: Alejandro Salvador (apoio Organización), Benito Gutiérrez (presidente da Dirección Provisional), Francisco Villares (responsable de Organización) e Raquel Blanco (apoio Acción Sindical).



CCOO Servizos logra a maioría absoluta nas eleccións de Randstad Project Services Vigo

A candidatura presentada pola Federación de Servizos de CCOO logrou cinco delegados despois de presentar a única candidatura que concurriu ás eleccións.

CCOO agradécelles aos traballadores e traballadoras a participación no proceso electoral e a confianza depositada.


O Comité de Empresa, coa maioría de CCOO, segue mellorando as condicións laborais

CCOO Servizos firma un preacordo con Adecco Outsourcing Pontevedra para mellorar as condicións de traballo

O pasado sábado día 4, tras ser exposto e debatido en asemblea xeral de traballadores, vén de ser aprobado pola unanimidade dos compañeiros presentes o preacordo que esta sección sindical alcanzou coa dirección da empresa acerca de bolsa de horas, xornada anual, prezo horas extra e ITs, e cuxa asina será ratificada nos próximos días, tendo unha validez que comprende desde o día 1 de xuño até o 31 de decembro do ano 2017.

Desde a nosa sección sindical e xa desde un primeiro momento, comprendemos que este era un acordo de carácter urxente, xa que constituía o maior dos problemas que viñamos mantendo e que primeiro había que afrontar, dado que o futuro inmediato dos servizos estaba seriamente comprometido, e dedicamos todos os nosos esforzos e o noso tempo para tratar de conseguir a mellor das solucións posibles. É por este motivo que centros como o de Antolín non foron visitados e apenas informados, e entendemos a lóxica sensación de orfandade que poidan sentir pola cal, sinceramente, pedimos desculpas. En calquera caso, gustaríanos que comprendesen que non foi por abandono ou falta de interese, senón por dedicarnos por completo á consecución deste difícil acordo no que, en todo momento, como compañeiros que son, foron tidos en conta de igual maneira que os demais. Unha vez obtido este acordo, de agora en diante serán debida e igualmente informados que o resto dos seus compañeiros. Segue



Despois dun proceso electoral marcado por varias impugnacións por parte da empresa

CCOO Servizos gaña as eleccións en Adecco Outsourcing Vigo

A Federación de Servizos de CCOO gañou as eleccións sindicais en Adecco Outsourcing en Vigo. Coa vitoria de Comisións remata un proceso que o sindicato cualifica de "accidentado", pois prolongouse case dez meses.

O proceso electoral foi obxecto de numerosas impugnacións dada a actitude da empresa, que o "bloqueou e retrasou" durante meses. Nesta actitude contou coa axuda do sindicato "corporativo" FASGA, así cualificado nunha sentenza xudicial sobre o caso.
Malia os atrancos referidos, a candidatura de CCOO impúxose ás de FASGA, pois logrou catro dos cinco membros do comité, mentres que unha terceira candidatura, da UGT quedou, sen representación.
CCOO atribúe boa parte do éxito da candidatura á "implicación" dos seus integrantes, así como á "sintonía" coa maior parte do persoal da empresa. Tamén influíu positivamente que o sindicato presentara recentemente un conflito colectivo pola bolsa de horas imposta por Adecco.


Adecco incumpre a bolsa de horas e a xornada anual

CCOO Servizos interpón un conflito colectivo contra Adecco Outsourcing SAU (Eurocen)

Tralos sucesivos incumprimentos da normativa laboral por parte de Adecco Outsourcing SAU, a Federación de Servizos de CCOO decidiu interpor o conflito colectivo en solitario. O persoal vese obrigada a axustarse a unha bolsa de horas imposta unilateralmente pola empresa, así como a traballar unha xornada moi superior á das empresas onde presta servizo, relacionadas todas elas coa automoción e a loxística do devandito sector.

A noticia foi ben acollida polo persoal, que se atopa inmerso desde o pasado mes de xuño nun proceso de eleccións sindicais, torpedeado de maneira sistemática pola propia empresa e o sindicato afín FASGA, tamén presente en empresas como El Corte Inglés.

Esta demanda e o proceso de eleccións sindicais enmárcanse na ofensiva de Comisións Obreiras para dotar dun marco legal adecuado ás empresas do sector de Outsourcing ou multiservicios, esixindo que se apliquen os respectivos convenios sectoriais e evitar a precariedade laboral e salarial.

O traballo diario da candidatura e a maior parte do persoal en Adecco Outsourcing foron determinantes para continuar con este proceso.


Salud Laboral

Dudas y preguntas sobre Salud Laboral. Trabaja de manera segura.

Transparencia CCOO

Portal Transparencia Servicios CCOO: Cuentas, documentación, decisiones

Calendario Laboral Calendario Laboral 2015
Guía derechos de trabajadores y trabajadoras Guía de los derechos de trabajadores y trabajadoras en la empresa. Tambien puedes consultar los Efectos de la Reforma Laboral sobre los derechos de los trabajador
Consulta sobre pensiones
Consultas sobre pensiones