Continúan os despedimentos en ADECCO OUTSOURCING en Vigo
Esta vez son 16 os traballadores despedidos tras perder o servizo que a empresa de multiservicios Adecco Outsourcing ten contratado con GEFCO España no centro denominado CTL3 en Mos e que se basea no almacenamento e preparación de pedidos para PSA-Peugeot-Citroen.
Asinado acordo económico en Randstad Project
No día de hoxe asinouse o primeiro acordo económico entre a dirección de Randstad Project e o Comité de Empresa co que se consegue mellorar os salarios do colectivo que presta os seus servizos para a empresa GEFCO en Vigo, nun porcentaxe superior ó 8%.
Este acordo baséase en dous aspectos fundamentais, os cales teñen un compoñente económico claro e que consegue mellorar os baixos salarios destes traballadores e traballadoras. Estes dous aspectos son por unha banda a regulación da xornada laboral e por outro as condicións económicas que se rexen por un moi baixo convenio de empresa. Segue
Adecco Outsourcing despide o presidente do comité de empresa de Pontevedra, xesto que CCOO tacha de represión
A Federación de Servizos de Comisións Obreiras de Galicia (CCOO-Servizos) denuncia o despedimento do presidente do comité de empresa de Adecco Outsourcing en Pontevedra. O afectado, Rafael López, encabezara un proceso de eleccións sindicais que a compañía demorou un ano. So o pretexto da «estraña» (segundo o sindicato) desaparición do servizo en que López traballaba, a empresa «manobrou» para o despedir «por causas obxectivas».
Novo acordo de condicións laborais en Adecco Outsourcing SAU na provincia de Pontevedra
Despois do acordo asinado o pasado mes de xuño sobre bolsa de horas, neste mes de decembro a representación de CCOO en Adecco Outsourcing SAU da provincia de Pontevedra alcanzamos un novo acordo coa empresa, esta vez sobre licenzas retribuídas, plus de distancia/desprazamento, entrega de vestiario e mobilidade xeográfica. Este acordo, como o anterior foi referendado en asemblea e por unanimidade dos asistentes.
Doutra banda, temos pendente un acordo sobre salarios que esperamos se poda asinar a finais do presente mes de decembro para que sexa de aplicación xa no ano 2017. Esta negociación baséase na procura do incremento de salarios sobre a base de acadar, nun período por determinar, os establecidos no sector de referencia, neste caso o de loxística da provincia de Pontevedra. Segue
Negociación para a mellora de condicións laborais en Randstad Pontevedra
O pasado mércores 23 de novembro celebrouse unha reunión do Comité co obxectivo de mellorar as condicións de traballo do persoal desta empresa de multiservizos en dous aspectos principais: o tempo de traballo e as condicións económicas. Posteriormente tivemos unha asemblea nos locais de CCOO en Vigo este sábado día 26 á que asistiu máis da metade do persoal.
Nesta asemblea explicouse a proposta que sobre bolsa de horas e melloras salariais se trasladou por parte do Comité de Empresa (formado por 5 persoas de CCOO) nesa reunión coa dirección, así como a intención de mellorar as condicións de traballo tanto a nivel estatal coa negociación de renovación do Convenio Colectivo de empresa, como nos centros de traballo desta provincia.
Un dos problemas que se detectou neste primeiro encontro coa Dirección foi a falta de disposición a aceptar a proposta do Comité por entendela desmesurada e non axustada ao actual Convenio de Empresa que se atopa en ultractividade.
Tras expoñer a situación aos asistentes á asemblea, decidiuse que o Comité prepare unha nova proposta buscando o obxectivo xeral inicial de mellora de condicións e se volte a presentar á dirección, valorando a posibilidade de iniciar mobilizacións no caso de que as súas xustas reivindicacións non se teñan en conta.