error al insertar registro: Table './servicioses/lectura' is marked as crashed and last (automatic?) repair failed
Arquivado en Negociacion Colectiva, Comunicados convenio, Union Comarcal Pontevedra, Comercio, Comercio Galicia, Accion sindical
A día de hoxe, a negociación do convenio de Comercio Metal da provincia de Pontevedra atópase nunha situación de bloqueo total.
As propostas da patronal son inadmisibles. De seren aceptadas, suporían un retroceso histórico nos nosos dereitos. Que pretenden?
Estas medidas implicarían unha perda directa de salario para moitas persoas traballadoras do sector. A parte empresarial insistiu nestes recortes na reunión do pasado 12 de xaneiro, reiterando a súa postura inmobilista.
Ante este ataque, as tres centrais sindicais presentes na mesa, tras asemblea cos delegados e delegadas do sector, decidimos que é o momento de iniciar mobilizacións para obrigar á patronal a mudar as súas pretensións.
Nos vindeiros días valoraremos cales son as accións máis efectivas e trasladaremos ao conxunto do persoal das empresas a necesidade dunha participación masiva.
Seguiremos informando
2026 © CCOO SERVIZOS. Aviso Legal | Contacto