Archivado en Negociacion Colectiva, Comunicados convenio, Union Comarcal Lugo, Comercio, Comercio Galicia, Accion sindical

CCOO ademais propón unha manifestación para o domingo 18

CCOO súmase á folga do sector do comercio de alimentación de Lugo


Folga comercio alimentación Lugo

CCOO lembra que o persoal deste sector foi considerado esencial durante a pandemia, «expoñendo a nosa saúde e a das nosas familias para atender a toda a cidadanía e evitar desabastecementos en momentos tan complicados».

Pasado ese momento delicado, e despois de que as empresas «tivesen amplos beneficios», o sindicato reclama negociar o convenio colectivo, tanto para recoñecer o traballo do persoal, como para evitar unha «situación crítica» para as traballadoras e traballadores por mor da inflación.

CCOO esixe «acabar coa indecencia» de soldos próximos do salario mínimo en empresas con grandes beneficios. Tamén quere reducir a xornada anual, de 1812 horas, unha das maiores do comercio.

Outras demandas son acabar coa discriminación pola que o persoal deste sector en Lugo «é o único que non percibe o 100% do salario en caso de baixa médica», así como garantir a desconexión dixital e a conciliación familiar e laboral.