Archivado en Negociacion Colectiva, Comunicados convenio, Union Comarcal Vigo, Union Comarcal Pontevedra, Comercio, Comercio Galicia, Accion sindical

Convenio comercio metal Pontevedra: Última reunión do AGA (CGRL)


convenio comercio metal pontevedra

Finalmente chegouse a acordo para a sinatura do convenio. A parte empresarial aceptou a última proposta, á que engadimos algunha cuestión formal que quedaba por matizar.

O resultado final do acordo é o seguinte:

  • Incremento salarial: 2022 = 6,5%, 2023 = 4%, 2024 = 4%
  • Revisión salarial na diferenza entre a suma dos IPCs dos anos 2023 e 2024 e o incremento real destes anos (8%) con un tope do 10% a aplicar con carácter retroactivo a 1 de xaneiro de 2024.
  • Xornada: Redución de 16 horas (8 a partir do 1/01/23 e 8 a partir do 1/01/25)
  • Adaptación do convenio ás novidades da reforma laboral e en materia de conciliación, trasladando para iso o acordado no convenio de comercio vario recentemente asinado.
  • Aclarar que no tocante as vacacións os 22 días que marca o convenio son sempre de 8 horas, para que non lles conte un día completo ás persoas traballadoras que o sábado traballan medio día.
  • Trasladar ao convenio o réxime de faltas e sancións establecido no convenio de Comercio Vario.

Nestes días prepararemos a redacción do acordado o que suporá modificar os artigos 3, 5, 7, 12, 14, 17, 18, 26, 28, 35 e 40 do actual convenio. Unha vez redactado reunirase na mesa negociadora para asinar o texto definitivo e envialo publicación no Boletín Oficial da provincia.

O 27 de decembro as 20:30 celebrarase unha asemblea nos locais da CIG para explicar e valorar o acordado.