Archivado en Comunicado breve, Empleo, externalizacion, Unión Comarcal A Coruña, Contact Center, Accion sindical

Teleperformance A Coruña: Despedimentos inxustificados, coaccións, sancións e ameazas


concentración abusos teleperformance

Teleperformance, en A Grela, é unha empresa de Contact Center que ocupa a máis de 800 empregadas/os en a Coruña, dando servizos a grandes multinacionais tanto de telecomunicacións, enerxéticas coma outros sectores. Segundo indica na súa páxina web, forma parte do 20% de empresas que están contratando durante a crise sanitaria.

O Comité de Empresa de Teleperformance A Coruña denuncia:

Que a empresa GAS NATURAL FENOSA coa colaboración de Teleperformance, está a dar un novo paso na destrución de emprego e deslocalización das tarefas de atención ao cliente en Galiza. Ler máis


Dende fai 7 anos, GAS NATURAL FENOSA ten feito desaparecer máis de 240 postos de traballo, só en Teleperformance A Coruña, o que supón un paso máis na espoliación dos recursos de Galiza e a destrución de emprego na nosa comunidade e na nosa cidade.

- No ano 2013: levaron fóra da nosa comunidade a comercializadora de mercado libre, (UFC), coa perda de 103 postos de traballo na delegación de Teleperformance A Coruña.

- No ano 2019: desaparecen outros 102 postos na delegación de Teleperformance A Coruña coa perda da comercializadora de mercado regulado (GNSUR), levando unha vez máis o traballo fóra da nosa comunidade. 

- E agora toca o servizo de apoio e xestión administrativa das comunicacións entre a distribuidora UFD e as comercializadoras (ATR), supoñendo a desaparición doutros 40 postos de traballo en Teleperformance A Coruña, facéndose cargo de este servizo, a partir do 1 de novembro de 2020, a empresa Everis, dende Alicante. 

- O persoal que queda en UFD (avarías), 100 postos de traballo, tememos que terá o mesmo destino, a desaparición a corto ou medio prazo. 

Todo iso con CONSECUENCIAS DIRECTAS no persoal de Teleperformance A Coruña, que está a ver como se vulneran os seus dereitos con constantes coaccións, ameazas, sancións e despedimentos inxustificados, todo iso coa connivencia e permisividade que está a amosar a Inspección de Traballo de A Coruña, ante quen este Comité ten denunciado de maneira reiterada tales actuacións sen recibir a correspondente e necesaria resposta. 

POR TODO ISTO O COMITÉ DE EMPRESA DE TELEPERFORMANCE A CORUÑA CONVOCOU UNHA CONCENTRACIÓN DE DELEGADAS/OS O XOVES 1 DE OUTUBRO ÁS 12:00 H. DIANTE DAS INSTALACIÓNS DE GAS NATURAL FENOSA EN A GRELA (ubicación do antigo MACUF, tamén espoliado por Gas Natural Fenosa).