Archivado en Negociacion Colectiva, Comunicados convenio, Union Comarcal Vigo, Union Comarcal Pontevedra, Hostalaría

Convenio Hostalaría provincia de Pontevedra: plataforma conxunta


Convenio Colectivo Hostalaría Pontevedra
A once de setembro poucos avances podemos destacar na negociación deste Convenio. Despois de 10 reunións da mesa de negociación decidimos facer unha plataforma conxunta as tres centrais sindicais presentes nela (CCOO, UGT, CIG). Os termos de esta plataforma conxunta que xa foi trasladada á parte empresarial son os seguintes:

VIXENCIA de 4 anos (2016-2019)

INCREMENTO SALARIAL:

  • O 1,6% para o ano 2016 e incremento lineal de 20 ? para cada un dos anos 2017, 2018 e 2019.

  • Plus de transporte: 3´5 ? día.

  • Revisión salarial con carácter retroactivo no caso que o IPC real de cada un dos anos supere o 1´5%.

HORAS EXTRAS: Incremento do 100% sobre o valor da hora ordinaria.

INCAPACIDADE TEMPORAL: 100% en todas las baixas por enfermidade ou accidente.

PLUS DE INCAPACIDADE: Crear un plus por fillo ou filla diminuído físico ou psíquico de 50 ? mes.

LICENZAS: Posibilidade de gozar de forma descontinua nos casos de hospitalización ou intervención cirúrxica con repouso domiciliario.

VACACIÓNS: 25 días laborais e redactar o desfrute de vacacións nos casos de baixa por IT.

DESCANSO SEMANAL: 2 días semanais consecutivos.

LACTACIÓN: Acumulación da lactación en 25 días, suprimindo o texto do actual convenio "en caso de que ambos traballen"

EMPREGO FIXO: 60%

INDEMNIZACIÓN DE FIN DE CONTRATO: 24 días por ano traballado.

CONTRATO FIXO DISCONTINUO E FIXO A TEMPO PARCIAL: Regular estes dous tipos de contrato no convenio (trasladaremos proposta concreta).

FORMACIÓN DUAL: Regular a utilización de este tipo de traballadores.

EXTERNALIZACIÓN E SUBROGACIÓN:

  • Establecer que as empresas de multiservizos teñan que aplicar este convenio de hostalaría cando obteñan contratos en calquera empresa do sector.

  • Regular a obrigatoriedade de subrogación.

CONTROL DE PRESENCIA: Establecer un sistema de control e rexistro horario onde se establecerá a hora de entrada e saída diaria, coa obriga de entregar copia ao traballador ó final de mes e a representación dos traballadores se existe.

PREMIO DE PERMANENCIA: Aclarar que este premio é tamén para os casos de invalidez.

COMISIÓN PARITARIA E DESCOLGUE: Redactado conforme establece a Consellería de Traballo.


CCOO entendemos que despois de dez reunións esta é unha exposición axustada que debería axilizar a negociación. Pola nosa parte estamos en condicións de asinar á maior brevidade posible un Convenio que vai xa para dous anos de retraso.

Nestes momentos estamos á espera de que a patronal estude as nosas propostas e convoque o antes posible unha nova reunión da mesa negociadora.