Archivado en Acuerdos, Condiciones de trabajo, Union Comarcal Pontevedra, Comercio, Comercio Galicia

Asinado acordo de mellora de condicións económicas e laborais en Stradivarius Pontevedra


Acordo Stradivarius ccoo

Trala negociación coa dirección da empresa tamén en Stradivarius de Pontevedra, igual que en outras empresas do grupo Inditex, chegamos a un acordo para mellorar as condicións económicas e laborais das traballadoras e traballadores desta empresa na provincia de Pontevedra. Segue


Os puntos resumidos deste acordo son:

  • A partir do mes de setembro, un plus de 80 eur para todo o persoal sexa cal sexa a súa xornada. Este plus terá un incremento do 1,5% cada ano.

  • TRABALLO EN DOMINGOS E FESTIVOS : Establécense dúas opcións de compensación, a elección do persoal da tenda e sempre en proporción da xornada:

    • 160 eur sen devolución de horas.

    • 80 eur máis devolución de horas.

  • ADAPTACIÓN ESCOLAR por fillos ou fillas de 3 a 4 anos: 6 horas.

  • LICENZA RETRIBUÍDA POR ENFERMIDADE: 10h anuais para o acompañamento de familiares de 1º grao ao médico.

  • ACUMULACIÓN DE LACTACIÓN: Amplíase o período de acumulación de lactación nas contías seguintes dependendo da xornada:

    • 30h: 40 días naturais

    • 40h: 30 días naturais

  • VACACIÓNS: 21 días garantidos a partir de rebaixas e hasta o mes de setembro.

  • AXUDAS SOCIAIS: 150 ? por nacemento o adopción de fillo ou filla.

  • 80 eur por cada día de ASUNTOS PROPIOS sen xustificar non desfrutado.

  • EXCEDENCIA VOLUNTARIA: con reserva do posto de traballo por unha duración de seis meses a un ano.

  • DESCANSOS DENTRO DA XORNADA: dous tempos de descanso para todas as quendas:

    • Xornadas de menos de 6h: 20 minutos de descanso

    • Xornadas de 6h ou máis: 30 minutos de descanso


Desde CCOO facemos unha valoración positiva deste acordo que consegue mellorar as condicións de traballo e salariais en Stradivarius Pontevedra. Desde a representación de CCOO nas diferentes empresas do grupo Inditex seguiremos expoñendo a necesidade de que os traballadores e traballadoras gocen das mesmas condicións sen que a provincia ou a empresa na que traballen sexa un condicionante para que estas sexan diferentes.

Para CCOO é un paso máis, pero temos claro que debemos seguir reivindicando a mellora das condicións laborais e así o faremos. A firma deste acordo non significa que todo o traballo estea feito, agora toca poñelo en marcha, esixir o seu cumprimento e tentar melloralo no futuro.

Poñémonos á vosa disposición para aclarar calquera dúbida que vos xurda.