CCOO esíxelle ao Concello de Santiago a adopción de medidas inmediatas para axudar as pemes
A Federación de Servizos de CCOO de Galicia, que engloba os sectores de hostalaría e comercio, especialmente afectados pola pandemia, e a Unión Intercomarcal de CCOO de Santiago-Barbanza, esíxenlle ao Cocnello de Santiago a adopción de medidas inmediatas para axudar as pemes. A proposta sindical realízase sen prexuízo do diálogo establecido no Consello Económico e Social e no Plan Compostela Móvese Covid-19. Ler máis
CCOO insta as administracións locais e autonómica a que acorden en diálogo social medidas de choque polo emprego
Desde a Federación de Servizos, que engloba os sectores de hostalaría e comercio, especialmente afectados pola pandemia, propomos que todas as Administracións poñan en marcha medidas para soster o emprego e o tecido produtivo, e reclamámoslle tamén ao Goberno de España melloras na coordinación.
CCOO expón unhas liñas de proposta para debater desde a Administración pública, tanto nos marcos de diálogo social autonómico, como desde a Administración local, con fin de evitar que se siga destruíndo emprego e tecido produtivo.
Para o sindicato é unha prioridade absoluta evitar que se perda tecido empresarial, polo que se propón apostar por mecanismos de financiamento, axudas, moratorias e liquidez, que permitan o sostemento das empresas, maioritariamente de autónomos e pemes, pero en termos recíprocos: as empresas deben comprometerse a soster o emprego. Ler máis
É prioritario garantir a seguridade e a saúde de persoal e clientela na hostalaría
CCOO e UGT dirixíronse ás patronais de hostalaría para que garantan a seguridade e a saúde de persoais e clientela no actual escenario de emerxencia sanitaria. Certificar que no establecemento se implantaron as medidas de prevención adecuadas é o camiño para asegurar que non existen riscos para a saúde.
O Goberno promove un distintivo de Destino Seguro que está ligado á aplicación das Guías de prevención configuradas polo sector e promovidas polo Ministerio de Industria, Comercio e Turismo. Ler máis
CCOO esíxelles ás patronais da hostalaría que garantan a seguridade do persoal e da clientela
A Federación de Servizos de CCOO esíxelles ás patronais de hostalaría de Galicia que garantan a seguridade e saúde dos traballadores e traballadoras e da clientela no actual escenario de emerxencia sanitaria, certificando que no establecemento están implantadas medidas de prevención adecuadas para asegurar que non existen riscos para a saúde. Ler máis
As ETTs deixan tirados e abandonados aos traballadores e ás traballadoras con contratos de "posto a disposición"
Desde CC.OO. e UXT, imos denunciar a todas as empresas de traballo temporal (ETTs) que deixaron tiradas e abandonadas a centos, mesmo miles de persoas que estaban postas a disposición en empresas usuarias, que despediron dos seus postos de traballo e que lle foron extinguidos os seus contratos temporais.
Desde os primeiros momentos desta crise sanitaria do COVID19, as ETTs despediron, maioritariamente por finalización de actividade, a un alto volume de persoal que prestaba os seus servizos en empresas usuarias, cando, na nosa opinión, terían que suspender os contratos, posto que, xeralmente, o que pasou é que se suspendeu a actividade nas devanditas empresas "cliente". Así o demostra o feito de que a inmensa maioría das empresas usuarias acometeron ERTEs do seu persoal, para que unha vez termine esta situación da pandemia do coronavirus, volvan aos seus postos de traballo. Ler máis