Archivado en Comunicado breve, Negociacion Colectiva, Comunicados convenio, Unión Comarcal A Coruña, Union Comarcal Vigo, Contact Center

Continúan as mobilizacións en todo o Estado

Concentración polo Convenio Contact Center: a prol do desbloqueo da mesa de negociación


A patronal non acudiu á mesa de convenio do día 17 e desde CCOO parécenos lamentable que coa xornada de folga convocada para o luns 28 de novembro sigan desaproveitando as opcións previas para reconsiderar algunhas das posturas expostas e poder chegar a algún acordo.

Isto non fai máis que reforzar a alternativa da folga, xa que o persoal está farto desa postura inmobilista e despectiva ante as reivindicacións por un convenio xusto. Así, o 28 de novembro #ColgamosLosCascos para que a caída dos servizos das empresas clientes faga reflexionar á patronal.

Hoxe, en Coruña e Vigo celebráronse concentracións reclamando o desbloqueo das negociacións e para facer pública unha vez máis a realidade diaria dun sector precario e empobrecido.



Máis imaxes