Archivado en Comunicados, Negociacion Colectiva, Empleo, Comercio Galicia, Accion sindical

CCOO reclama a Inditex que paralice os peches de tendas ata que se acade un acordo laboral sobre as implicacións do seu plan estratéxico 2020


peche tendas inditex

Desde o sindicato pídese á Dirección do Grupo en España que paralice os peches de tendas que xa se están producindo en diferentes territorios e marcas en execución do Plan Estratéxico 2020-2022 -que inclúe a absorción de entre 250 e 300 tendas en España-, en tanto se concrete o compromiso, acadado co Comité de Empresa Europeo o pasado 17/06, de abordar o impacto laboral do devandito Plan coa participación das organizacións sindicais de cada país, priorizando a estabilidade e recualificación do persoal. Ler máis


O pasado 10/06/2020, na presentación de resultados do primeiro trimestre de 2020, o Grupo Inditex anunciou unha actualización da súa estratexia 2020-2022, acelerando o cambio do seu modelo de negocio, integrando venda presencial e online, con maior superficie comercial aínda que menor número de tendas, o que implica o peche e absorción de entre 1.000 e 1.200 tendas de perfil máis pequeno a nivel mundial  e entre 250 e 300 en España (o 14% da súa rede mundial e ao 17% da súa rede en España aproximadamente).

Posteriormente, na reunión do Comité de Empresa Europeo, celebrada o 17/06/2020, a Dirección do Grupo Inditex comprometeuse a que esta importante reestruturación se efectuse priorizando a estabilidade no emprego do persoal, ofrecendo postos de traballo para cubrir as necesidades xeradas polo novo modelo ás persoas que traballan nas tendas que se pechen, así como abordando as implicacións laborais desta reestruturación coa participación da representación sindical en cada país. Un compromiso que desde CCOO valoramos moi positivamente, do mesmo xeito que o fixemos coa garantía do 100% de retribucións durante o estado de alarma (no caso de España asumindo a integridade de custos laborais, sen presentación de ERTE) e cos acordos que alcanzamos con data 21/05/2020 e 7/06/2020 no conxunto de marcas en España, para abordar no plano laboral a desescalada e a continuación da actividade.

No entanto, sempre que se concreta este compromiso, abrindo unha mesa de negociación coa representación sindical na que se aborden as implicacións laborais do plan estratéxico, xa se están producindo peches de tendas en diversos territorios e marcas, ou no seu caso anuncios de peches inminentes, que se saldan mediante ofertas individuais de traslado ou extintivas. Unha política que desde CCOO entendemos como anticipatoria dos peches previstos e que, con independencia de que responda a unha estratexia global ou a iniciativas puntuais dos responsables de recursos humanos, debe paralizarse ata que se acade un acordo laboral a nivel do Grupo Inditex en España.

Desde CCOO reclamamos á Dirección do Grupo Inditex que dea as instrucións para paralizar estes peches, á vez que se calendariza un proceso de diálogo construtivo baseado na responsabilidade e compromiso mutuos, para acadar marcos de acordo baseados no mantemento do emprego e as condicións laborais, con medidas de flexibilidade interna, protocolos que regulen os procesos de absorción de tendas e unha aposta estratéxica pola formación e recualificación do persoal.

cadro datos