Archivado en Convenios Colectivos, Negociacion Colectiva, Union Comarcal Vigo, Union Comarcal Pontevedra, Comercio, Comercio Galicia
Asinado o Convenio Colectivo de Comercio de Materiais de Construción e Saneamento da provincia de Pontevedra
Tras cinco reunións da mesa negociadora o pasado 2 de maio, asinamos o Convenio de Comercio de Materiais de Construción e Saneamento da provincia de Pontevedra, o que terá unha vixencia de dous anos, 2018 e 2019.
As melloras introducidas no novo convenio asinado son:
-
Incremento Salarial do 1,5% cada un dos anos con revisión con carácter retroactivo entre o 1% e o IPC real.
-
Incremento nun 50% máis no valor das horas extras en domingos e festivos (pasa a ser do 150% sobre o valor da hora ordinaria).
-
O seguro de vida pasa a 30.000 eur.
-
Incorpórase a preferencia sobre novas contratacións a xornada completa para os contratos a tempo parcial, así como a regulación da xornada e as horas complementarias.
-
Establécense como días de descanso retribuído en 2018 os días 24 e 31 de decembro.
-
Inclúese a intervención cirúrxica con repouso domiciliario de familiares ata segundo grao como licenza retribuída.
-
Dentro da licenza de acompañamento ó médico de familiares, incluímos os fillos discapacitados.
-
Introducimos un texto sobre conciliación que, entre outras cousas, dá a posibilidade de modificación da quenda de vacacións por parte do pai nos períodos de baixa maternal ou lactación.
-
Para os casos de violencia de xénero dáse a posibilidade de adaptación da xornada de traballo.
-
Incorpórase a figura do delegado sindical en empresas a partir de 40 traballadores ou traballadoras.
CCOO valoramos moi positivamente a sinatura de este convenio que, como en anos anteriores, foi negociado nas reunións xustas e necesarias e que segue a mellorar as condicións de traballo neste sector tanto no nivel económico como nas condicións de traballo.
CONVENIO COLECTIVO
Modelo de carta de Baja Voluntaria en la empresa
Calendario Laboral 2024. Publicado en el BOE
Queda constituida la mesa de negociación del XIX Convenio de Consultoría
28 de Abril, Día Mundial de la Seguridad y la Salud en el Trabajo
Convenio Colectivo de Hostelería de las Illes Balears