Archivado en Legal, Negociacion Colectiva, Contact Center, Accion sindical

A Xustiza dálle a razón a CCOO e rexeita os contratos temporais ligados a subcontratas
A Audiencia Nacional dálle a razón á Federación estatal de Servizos de CCOO e considera nulos os contratos temporais ligados a unha subcontrata no sector dos centros de chamadas. Isto significa que unhas 40.000 persoas en todo o Estado poderán pasar a ter un contrato indefinido. Ler máis
En decembro de 2020, o Tribunal Supremo ditaminara que, nas empresas cuxa actividade esencial é a prestación de servizos, os contratos deben ser indefinidos. Tras esta sentenza, CCOO foi o primeiro sindicato en presentar unha denuncia ante a Audiencia Nacional pola adaptación do convenio sectorial á normativa europea e a esta sentenza.
A Audiencia estima a demanda formulada por CCOO, polo que anula e deixa sen efecto o seguinte parágrafo do artigo 14, b) do convenio colectivo do sector de centros de chamadas:
«A tales efectos entenderase que teñen substantividade propia todas as campañas ou servizos contratados por un terceiro para a realización de actividades ou funcións de contact center cuxa execución no tempo é, en principio, de duración incerta e cuxo mantemento permanece ata a finalización da campaña ou o cupmrimento do servizo obxecto do contrato».
Grazas a esta sentenza gañada polos servizos xurídicos de CCOO, milleiros de persoas que teñen contratos por obra e servizo poderán pasar a ter un contrato indefinido, dando estabilidade aos seus postos de traballo.
Segundo CCOO-Servizos, a patronal do sector consideraba que esta cuestión non se debía dirimir nun xulgado, xa que se está a negociar o novo convenio. Non obstante, o tribunal sentenciador si recoñece que o seu pronunciamento pode incidir nas negociacións, pero trátase dun acontecemento «inevitable» pola tardanza das partes en chegar a acordo sobre o convenio vixente, xa caducado.
Desde CCOO-Servizos agardan que a patronal «entre en razón» e entenda que «o mantemento do sector pasa por darlle estabilidade ao emprego».
Acuerdo en materia de permisos y ausencias en horario de trabajo en Rural Servicios Informáticos, S.C.
06-07-12 Para CCOO es imprescindible que se sepa cómo hemos llegado hasta aquí
Ampliación permiso de paternidad
Calcula tus retenciones de IRPF del año 2005
Continúan las movilizaciones en defensa del Convenio Colectivo de los Servicios de Prevención Ajenos
Calcula les teves retencions d'IRPF de l'any 2005