Arquivado en Nota de prensa, Fusiones, Unión Comarcal A Coruña, Union Comarcal Ferrol, Union Intercom. Santiago Barbanza, Union Comarcal Lugo, Unión Comarcal A Mariña, Union Intercom. Ourense, Union Comarcal Vigo, Union Comarcal Pontevedra, Union Comarcal Arousa, Sector Financeiro

Bancos Santander Popular

Santander adquire Banco Popular: A principal preocupación é a defensa do emprego

Ante a difusión hoxe en medios da decisión da Xunta de Resolución Bancaria Europea da adxudicación de Banco Popular a Banco Santander, dende a Federación de Servizos de CCOO en Galicia queremos pór de manifesto que esta noticia debe significar a finalización da incerteza que levan padecendo nas últimas semanas os máis de 1.400 traballadores e traballadoras do Grupo Banco Popular en Galicia. Segue


Este artículo se publicó originalmente en GALICIA (Federación de Galicia) ,


pdf print pmail

A integración do Grupo Banco Popular a Banco de Santander debe representar a incorporación dun persoal moi preparado, que sabe e entende o negocio bancario. Grupo Banco Popular levou a cabo moi recentemente unha reestruturación do seu persoal e non require novos axustes de persoal.

Para a Federación de Servizos de CCOO en Galicia, especialmente afectada pola relevancia de Banco Pastor no noso territorio, a principal preocupación é a mesma que a dos traballadores e as traballadoras: a defensa do emprego e que a homoxeneización das condicións de traballo entre o persoal se faga de forma ordenada, progresiva e pactada. CCOO esiximos un Protocolo de Garantías de Emprego que renuncie á utilización de medidas traumáticas.

CCOO somos o sindicato maioritario no Sector Financeiro. A nosa experiencia acumulada, ao liderar diferentes procesos de integración, serviranos para levar a cabo unha negociación con alternativas razoables, tanto para o persoal como para o desenvolvemento eficaz da integración en Banco de Santander. Somos a garantía de que o proceso contará cos intereses dos traballadores e das traballadoras de ambas as Entidades.

Lucía Trenor

Secretaria Xeral Federación de Servizos CCOO Galicia

Infórmate

CCOO Servizos é un sindicato, é Comisións Obreiras nos sectores de Comercio, Financeiro, administrativo, das TIC, Hostalería, Telemarketing, Oficinas, Turismo... Leer más


Síguenos en Telegram

Onde estamos


OFICINAS CENTRALES
C/ Albasanz, 3 1º Planta
28037 Madrid
Tel: 91 540 92 82
Asesoría Madrid 91 536 51 63-64
Otras Comunidades
Fax: 91 559 71 96
Email: contacta@servicios.ccoo.es