Archivado en Comunicados, Salario, Union Comarcal Lugo, Union Intercom. Ourense, Comercio, Comercio Galicia

ccoo inditex

CCOO Servizos considera insuficiente o complemento salarial aplicado por Inditex

Con respecto ás reunións convocadas pola dirección da empresa, con toda rapidez, para aplicar un plus que equipare as condicións salariais das tendas de INDITEX Ourense e Lugo a outras provincias, desde CCOO queremos indicar: segue


Este artículo se publicó originalmente en GALICIA (Federación de Galicia) ,


pdf print pmail

Que loxicamente estamos a favor de calquera incremento económico, pero non se pode dicir que o plus foi negociado. O importe do mesmo decidiuse unilateralmente pola dirección da empresa e o que se expón para Lugo e Ourense non equipara realmente condicións, non soluciona a diferenza con respecto a outras provincias e non se achega ás pretensións que ten CCOO:


  • Desde CCOO traballamos para que todas as traballadoras e traballadores de INDITEX teñan as mellores condicións laborais, xa sexan de tendas, loxística ou oficinas, evitando que haxa traballadores e traballadoras de primeira, segunda e terceira categoría.

  • Por iso desde CCOO cremos que a única forma seria e responsable de evitar diferenzas nas condicións entre o persoal, é unha reunión global a nivel de Galicia. INDITEX ten que sentar a negociar de verdade, porque todo o persoal ten que ter as mesmas condicións independentemente da provincia e o centro de traballo.

  • Outras opcións sindicais son moi libres de dicir e facer o que queiran, pero nós limitámonos aos feitos e estes son que non hai negociación, hai decisión unilateral da empresa no que respecta a importes de complementos por provincia e aínda que non podemos negar que o complemento é importante, non podemos conformarnos, porque as diferenzas salariais e sociais seguen existindo.

  • En CCOO só temos un obxectivo, conseguir que algún día, esperemos máis pronto que tarde, absolutamente todo o persoal das tendas de INDITEX, teña as mellores condicións sociais e económicas.

https://www.ccoo-servicios.es/galicia/

https://www.facebook.com/ServizosCCOO

Infórmate

CCOO Servicios es un sindicato, es Comisiones Obreras en los sectores de Comercio, Financiero, administrativo, de las TIC, Hostelería, Contact-center, Oficinas, Turismo... Leer más


Síguenos en Telegram

Dónde estamos


OFICINAS CENTRALES
C/ Albasanz, 3 1º Planta
28037 Madrid
Tel: 91 540 92 82
Asesoría Madrid 91 536 51 63-64
Otras Comunidades
Fax: 91 559 71 96
Email: contacta@servicios.ccoo.es