Archivado en Comunicado breve, Mujeres e Igualdad, Muller, LGTBI
No 31 de marzo é o momento TRANS, igualdade laboral XA!
Co galo do Día Internacional da Visibilidade transxénero, CCOO, como sindicato de clase e axente vertebrador de cohesión social, ten a responsabilidade de velar polos dereitos das persoas LGTBI+, garantindo a igualdade de oportunidades real, especialmente no mundo do traballo. Ler máis
O 77% das mulleres trans sofre discriminación á hora de buscar emprego e cando conseguen un é de carácter precario. É unha situación que temos que reverter. Pedimos espazos laborais seguros e visibles para as persoas Trans.
A loita pola igualdade, a non discriminación e os dereitos das persoas LGBTI é un obxectivo sindical de primeira orde que debemos abordar coordinadamente desde todas as estruturas do sindicato porque, desgraciadamente, as persoas LGTBI+ seguen percibindo discriminación no ámbito laboral e os centros de traballo son en moitas ocasiones espazos agresivos tanto que os e as traballadoras, en moitas ocasións, optan por invisibilizarse, o cal implica a perda de dereitos, un custo emocional e psicolóxico demasiado elevado ante o temor de sufrir prácticas discriminatorias, etc.
No marco do Día Internacional da Visibilidade Transgénero queremos poñer en valor as liñas de traballo sindical que temos marcadas tras o último congreso e abordar temas de actualidade de interese para enfocar o traballo coordinado de CCOO en materia de igualdade LGTBI+.
Liñas de traballo en materia LGTBI+
- Anteproxecto de lei para a igualdade real e efectiva das persoas trans e para a garantía dos dereitos das persoas LGTBI+
- Plataforma "Ti sumas" de CCOO
- Consello de Participación LGTBI+
- Mes do orgullo
- Negociación Colectiva
Modelo de carta de Baja Voluntaria en la empresa
CONVENIO COLECTIVO
Queda constituida la mesa de negociación del XIX Convenio de Consultoría
CONVENIO COLECTIVO
Subida de Tablas salariales de 2024 para el XX Convenio de Ingenierías y Oficinas de Estudios Técnicos
Mañana, 25 de abril, nueva reunión del Convenio de BANCA