Archivado en
![](https://www.ccoo-servicios.es/imagenes/galicia/trabdec.jpg)
7 de octubre, xornada mundial polo traballo decente
Contra a directiva de tempo de traballo
Os beneficios da globalización distribuíronse de xeito moi desigual entre países e grupos sociais. Nas últimas décadas asistimos á extensión da democracia por amplas rexións do mundo e a un crecemento económico continuado. Porén, ao mesmo tempo incrementouse a fenda que separa os máis pobres dos máis ricos. As desigualdades acentuáronse entre os países e tamén no seu interior.
![](/imagenes/galicia/trabdec.jpg)
Esta situación afecta preferentemente aos países en desenvolvemento, pero ten unha repercusión directa sobre os desenvolvidos. Entre eles, as rendas salariais cada vez teñen un menor peso na renda nacional e increméntanse a precariedade, a informalidade e a sinistralidade laborais. Baixo o pretexto da competencia internacional cuestiónanse dereitos sindicais, como está a ocorrer en Europa co gallo da revisión da Directiva de
tempo de traballo e coas sentenzas do Tribunal de Xustiza da Unión Europea que favorecen o dúmping laboral.
Para dar resposta ao actual modelo económico, a Confederación Sindical Internacional (CSI), que agrupa organizacións sindicais de 155 países (entre elas, CCOO e UGT), decidiu mobilizarse e convocar unha Xornada Mundial polo Traballo Decente para o vindeiro 7 de outubro. Esta xornada ten unha gran relevancia. Por vez primeira convócase unha protesta sindical a escala planetaria. O sindicalismo intemacional quere expresar aos gobemos e aos empresarios, ao conxunto das sociedades e ás institucións intemacionais e rexionais (como a Unión Europea) a vontade sindical de achegar un novo enfoque á globalización, de responder aos retos impostos pola acelerada interdependencia económica, á transformación das estruturas empresariais, á desregulación, ás deslocalizacións e á ausencia de dereitos sindicais e laborais en moitos lugares do mundo. A Xornada Mundial ten os seguintes obxectivos:
A xeneralización do traballo decente no mundo. Segundo a definición da Organización Internacional do Traballo (01T), significa traballo con contrato, salario digno, protección social básica e dereitos sindicais (incluído o diálogo social). No noso ámbito, isto implica que:
- Ante as institucións a UniónEuropea, xuntamente coa Confederación Europea de Sindicatos (CES), esíxese a modificación radical ou a derrogación da Directiva sobre tempo de traballo.
Esta proposta normativa é a maior agresión contra os dereitos dos traballadores e do modelo social europeo desde que se iniciou a integración. Avanza cara a un modelo de relacións laborais máis propio do século XIX ca do XXI.
- Ante o Goberno e as empresas españolas,medidas e políticas para combater a sinistralidade e precariedade laborais e eliminar o traballo non declarado.
- A universalización as NormasFundamentais Traballo, adoptadas pola OIT. Entre os dereitos recollidos nelas atópanse a abolición do traballo infantil e do traballo forzoso, a eliminación de toda discriminación en materia de emprego e o recoñecemento efectivo da liberdade sindical, da negociación colectiva e do dereito de folga.
- O cumprimento dos Obxectivos de Desenvolvemento do Milenio das Nacións Unidas; oito obxectivos cuantificables que deben acadarse, como moito, en 2015. Os principais son a erradicación da probreza extrema e da fame, a extensión do ensino primario, a promoción da igualdade entre xéneros e a redución da mortaldade infantil.
CCOO e UGT chaman os traballadores españois a participaren nas accións que se convocarán en moitas cidades e empresas españolas o 7 de outubro de 2008 para celebrar a Xomada Mundial polo Traballo Decente: manifestacións e concentracións en lugares públicos, asembleas e paros simbólicos en empresas e centros de traballo.
Artículos más leídos hoy
Modelo de carta de Baja Voluntaria en la empresa
Convenio Hostelería Baleares 2018-2022 (Publicado en el BOIB)
Tablas salariales actualizadas del convenio de Oficinas y Despachos de Tenerife
Se publica en el BOE el XVIII Convenio de Consultoría y comienza, con ello, a ser de aplicación
Calendario Laboral 2024. Publicado en el BOE
Zona Afiliación de CCOO, consigue tu acceso