Federación Servizos CCOO Galicia

O pasado 11 de xullo o Consello Confederal de Comisións Obreiras aprobou as normas do XI Congreso do sindicato, procedéndose a renovar con elas todas as estruturas de CCOO.

Como afiliado, afiliada, ao sindicato, tes o dereito a ter voz e voto e participar nesta renovación de CCOO.

A pesar de non pasar máis de dous anos do primeiro congreso da Federación de Servizos de CCOO de Galicia, onde agrupamos a atención sindical de diferentes sectores, como os Servizos Administrativos e Financeiros, o Comercio, a Hostalaría, Seguros, Enxeñarías, Contact Center, TIC´s, etcétera, o próximo 13 de marzo de 2017, en Santiago, celebraremos o II Congreso da Federación en Galicia.

Sete mil persoas manteñen a súa afiliación á Federación de Servizos, demostrando a súa confianza na atención sindical e asesoramento ante conflitos individuais ou colectivos. Segue

Documento en PDF


Durante este curto período, demostramos a utilidade do sindicato como ferramenta de mellora das condicións de traballo nos nosos sectores, liderando a negociación colectiva, e asinando os convenios colectivos provinciais de Comercio de Alimentación en Pontevedra e Lugo, Comercio de Materiais de Construción e Saneamentos na Coruña, Pontevedra, Lugo e Ourense, Comercio retallista téxtil de Pontevedra, Comercio do Moble de Pontevedra e Comercio do Metal en Lugo.

Igualmente, realizamos mobilizacións importantes contra o bloqueo nos convenios colectivos de Aforro e Contact Center, contra os Expedientes de Regulación de Emprego de Tragsatec, Banco Popular, Eurostars Gran Hotel La Toja, entre outras empresas, contra a precariedade laboral en Galicia, contra a liberalización dos horarios comerciais, entre moitos outros conflitos.

Por todo iso, e ante a importancia da túa implicación, animámoste a participar neste proxecto ilusionante de renovación do sindicato, e convocámoste ás asembleas congresuais do teu ámbito sectorial que podes ver na listaxe adxunta, lembrándoche a importancia que ten a túa achega nas devanditas asembleas congresuais e a túa colaboración activa para fortalecer o sindicato, a mellor ferramenta para a defensa dos intereses dos/as traballadores/as, axudando a estender a afiliación, propóndolla aos teus compañeiros e compañeiras de traballo, e en xeral, cooperando na difusión dos nosos obxectivos, que son os de conseguir emprego mellor e máis seguro para a clase traballadora, mellores condicións de vida e lograr maiores cotas de igualdade e xustiza social.

Nas seguintes ligazóns podes consultar as normas e regulamentos que rexen as asembleas congresuais, así como os diferentes documentos obxecto do debate pola afiliación.


Normas e regulamentos


Documentos para o debate:


Asembleas para elixir a delegación correspondente ao nivel II do Congreso de CCOO Servizos Galicia



Asembleas para elixir a delegación correspondente aos Congresos Comarcais do S.N. de CCOO de Galicia