Regulamento das asembleas congresuais de nivel I
Para que poda ser consultado por todas as persoas convocadas ao proceso, queda publicado na ligazón inferior o seu texto completo
Publicación de candidaturas á asemblea/plenario de Caixabank
De conformidade co establecido nas Normas da Asemblea/Plenario de Caixabank Galicia (publicadas anteriormente aquí), quedan publicados os seguintes documentos:
Iván Cordeiro, novo Secretario Xeral da Federación de Servizos das CCOO de Galicia
No consello extraordinario celebrado onte, Iván Cordeiro foi elixido por unanimidade como novo Secretario Xeral da Federación de Servizos das CCOO de Galicia.
As primeiras palabras do novo Secretario Xeral foron para agradecer e recoñecer o traballo realizado pola anterior Secretaria Xeral, Lucía Trenor. Esta compañeira, tras 17 anos en CCOO e 8 dirixindo con éxito a federación en Galicia, déixanos para asumir un novo reto no sindicalismo internacional ao incorporarse a UNI GLOBAL, sindicato mundial que representa a máis de 20 millóns de traballadores e traballadoras do sector servizos en 150 países. Confiamos plenamente en que, coa súa capacidade de traballo, logrará grandes éxitos para a clase traballadora mundial.
Tras este recoñecemento, Iván avanzou as súas intencións de continuar co modelo de traballo desenvolvido durante todos estes anos. Indicou que o cambio que se produce é só un punto e seguido, para conseguir, xunto co resto do equipo, seguir traballando de forma unida e cohesionada co obxectivo de ser o primeiro sindicato en afiliación e representatividade do noso sector en Galicia e tamén a nivel Federal e Confederal.
Presentou de forma clara os retos aos que nos enfrontamos como sindicato, que deben estar presentes no noso día a día, como a aplicación da anunciada redución da xornada semanal e como afectará á evolución dos contratos a xornada parcial e ao posible aumento do uso das distribucións de xornada irregulares.
Tamén destacou a afectación ás plantillas da crecente automatización e dixitalización do mundo do traballo, que impacta de forma especial e importante nos sectores da nosa Federación.
A transición dixital é outro punto clave. Debemos lograr que se realice de forma xusta, promovendo a formación continua, a recolocación dos cadros de persoal, cun reparto máis equilibrado dos beneficios e non con destrucción de emprego e máis precariedade.
Iván tamén mencionou os crecentes riscos psicosociais e as enfermidades mentais derivadas deles, que afectan a todos os nosos sectores, desde o sector financeiro ao sector comercio. En definitiva, loitando e vixiando pola implementación de políticas que protexan aos traballadores e traballadoras neste novo entorno dixital.
Outro reto ligado á dixitalización, que xa estamos experimentando nalgúns sectores como o de Contact Center ou TICS, é a globalización, co seu consecuente perigo de deslocalización de empresas en busca de man de obra máis barata noutros países, algo que coa implantación do teletraballo se fixo aínda máis fácil de levar a cabo.
En definitiva, temos unha importante labor por diante na defensa dos intereses dos nosos compañeiros e compañeiras nos centros de traballo, e estamos seguros de que o noso novo secretario xeral, Iván Cordeiro, será capaz de levala a cabo xunto con todo o equipo.
Convocatoria á asemblea/plenario de Caixabank Galicia
De conformidade co disposto nas normas aprobadas pola Comisión Executiva da Federación de Servizos de CCOO de Galicia, convocamos á afiliación á Asemblea/Plenario da afiliación de CCOO de CAIXABANK en Galicia para a elección dos órganos de dirección da Sección Sindical en dita comunidade e a Delegación polo territorio de Galicia que asistirá ao Plenario Extraordinario da Sección Sindical Estatal.
Convocatoria ao Plenario de Grupo Mapfre Galicia
Dacordo co disposto nas normas aprobadas pola Comisión Executiva da Federación de Servicios de CCOO de Galicia, convócase a Asemblea/Plenario da afiliación de CCOO no Grupo Mapfre na Comunidade de Galicia para a elección do/a coordinador/a Grupo Mapfre e a delegación polo territorio de Galicia que asistirá ao Plenario Estatal.
O plenario de Galicia terá lugar o próximo día 20 de maio de 2024. O seu detalle pode consultarse nas normas adxuntas.
Ponencia VI Plenario SSE Grupo Mapfre
Normas Galicia Plenario MAPFRE 2024