¿Defender tus derechos?

Defiende tus derechos.  Afíliate a CCOOAcceso a Zona afiliacion

Consultas Laborales

Consultas laborales más frecuentes. Si no la encuentras, pregúntanos.

Convenios Colectivos

Convenios Colectivos aplicables en Galicia


Por un pacto pola reconstrución social de España e de Galicia

pacto reconstrución

A pandemia provocada pola extensión da COVID-19 tivo consecuencias dramáticas para España, para Europa e para todo o mundo. Enfrontámonos a unha experiencia inédita, na que —para evitar a extensión do virus e o agravamento aínda maior do número de persoas contaxiadas, enfermas ou falecidas— tomáronse medidas de paralización da actividade económica ou restricións á mobilidade, como nunca coñeceramos.

A economía quedou profundamente afectada tamén na nosa Comunidade: caída do PIB e incremento do desemprego, e milleiros de traballadores e traballadoras aínda seguen suxeitos aos ERTEs.

Esta contracción da actividade económica incide nunha mala tendencia en relación á participación dos sectores industriais. Cómpre potenciar e apostar pola industria, pois é un vector fundamental para poder afrontar a recuperación económica.Queremos enviar toda a solidariedade, o apoio e o acompañamento sincero a todas as persoas afectadas, enfermas e ás familias e achegadas das persoas falecidas. Ler máis.


É prioritario garantir a seguridade e a saúde de persoal e clientela na hostalaría

saúde no traballo covid19

CCOO e UGT dirixíronse ás patronais de hostalaría para que garantan a seguridade e a saúde de persoais e clientela no actual escenario de emerxencia sanitaria.  Certificar que no establecemento se implantaron as medidas de prevención adecuadas é o camiño para asegurar que non existen riscos para a saúde.  

O Goberno promove un distintivo de Destino Seguro que está ligado  á aplicación das Guías de prevención configuradas polo sector e promovidas polo Ministerio de Industria, Comercio e Turismo. Ler máis


O sindicato sinala que a mellor vía para garantir que nun establecemento se implantan as medidas de prevención axeitadas é mediante unha certificación

CCOO esíxelles ás patronais da hostalaría que garantan a seguridade do persoal e da clientela

certificación Covid19 hostalaría

A Federación de Servizos de CCOO esíxelles ás patronais de hostalaría de Galicia que garantan a seguridade e saúde dos traballadores e traballadoras e da clientela no actual escenario de emerxencia sanitaria, certificando que no establecemento están implantadas medidas de prevención adecuadas para asegurar que non existen riscos para a saúde. Ler máis


Comisións Obreiras acusa a empresa de romper a homoxeneidade de condicións tras pactar un acordo exclusivo para o País Vasco

CCOO convoca folga en Lidl para esixir medidas que reduzan os riscos a que se expón o persoal

folga en LIDL

CCOO e UGT convocan para mañá, 4 de xuño, unha xornada de folga en Lidl. Esixen medidas que reduzan os riscos a que se expón o persoal, amais doutras cuestións de carácter laboral derivadas da crise da COVID-19. A cadea de supermercados ten aproximadamente oitocentos traballadores e traballadoras en Galicia. CCOO, sindicato maioritario coa metade da representación —16 delegados e delegadas—, acusa a empresa de romper a homoxeneidade das condicións de traballo, pois pactou un acordo de aplicación exclusivo para o País Vasco.


Igualdade, conciliación e Covid19. Documentación útil actualizada


CCOO Servizos lamenta o falecemento dun traballador mentres realizaba tarefas de saneamento animal

loito

Desde CCOO lamentamos o falecemento do noso compañeiro Jesús Deiros polo accidente laboral acontecido o pasado 28 de maio tras ser golpeado por unha vaca mentres realizaba tarefas de saneamento animal nunha explotación da provincia de Lugo. Queremos transmitir o noso máis profundo pésame á súa familia, amigos e seres queridos.

Consideramos que a actual lexislación, que provoca unha longa exposición do persoal veterinario co animal a sanear, e o estado dalgunhas explotacións, que non dispoñen de mangas, incrementan o risco laboral do traballo a desempeñar. Neste sentido, desde CCOO iniciamos as xestións oportunas para que desde o Goberno central se fagan  os cambios lexislativos necesarios para que se reduza o tempo de exposición co animal a sanear e para que desde a Xunta de Galicia se fomente a instalación de mangas nas explotacións gandeiras galegas.

Así mesmo, proporemos á empresa que se revisen as condicións laborais do persoal de saneamento animal de Tragsatec dando máis estabilidade ao colectivo, así como o especial recoñecemento de risco das tarefas que desempeñan.


Salud Laboral

Dudas y preguntas sobre Salud Laboral. Trabaja de manera segura.

Transparencia CCOO

Portal Transparencia Servicios CCOO: Cuentas, documentación, decisiones

Calendario Laboral Calendario Laboral 2015
Guía derechos de trabajadores y trabajadoras Guía de los derechos de trabajadores y trabajadoras en la empresa. Tambien puedes consultar los Efectos de la Reforma Laboral sobre los derechos de los trabajador
Consulta sobre pensiones
Consultas sobre pensiones