Máis de 15 mil persoas acoden ao chamamento de CCOO e UGT
Máis de 15 mil persoas chegadas de toda Galicia participaron na manifestación convocada por UGT-Galicia e o Sindicato Nacional de CCOO. A mobilización, que arrincou ás 20 horas en Vigo do cruzamento da Vía Norte con Urzáiz e rematou na rúa de Montero Ríos, foi o acto central da Xornada Mundial polo Traballo Decente, na que ademais de reclamar un traballo con dereitos para toda a clase traballadora, tamén se protestou contra a directiva europea das 65 horas.
Manifestacion en Vigo, o martes, dia 7, ás 20,00 horas
A MANIFESTACIÓN de Galicia terá lugar en VIGO as 20 horas, no cruzamento
da Via Norte con Urzáiz e con remate en Montero Ríos. De todas as comarcas sairán autobuses.
Contra a directiva de tempo de traballo
Conflicto laboral en la Cofradia de Cambados
Un conflito laboral estase a aproximar á confraría de Cambados. O sindicato Comisións Obreiras está disposto a convocar unha folga entre os traballadores do pósito como medida de protesta pola negativa do patrón maior e o seu cabildo a negociar o convenio colectivo. Están por concretar aínda aspectos como a data en que se vai a realizar a protesta ou o alcance da mesma; se serán paros puntuais ou unha folga xeral.
Revisión Salarial 2007 Oficinas y despachos de Lugo
O incremento inicial da táboa salarial do ano 2006 fou dun 3%, mentres que o incremento final da mesma táboa, trala revisión salarial pactada, é dun 3,7%.