Archivado en
polo traballo decente e contra a directiva europea das 65 horas
Máis de 15 mil persoas acoden ao chamamento de CCOO e UGT
Máis de 15 mil persoas chegadas de toda Galicia participaron na manifestación convocada por UGT-Galicia e o Sindicato Nacional de CCOO. A mobilización, que arrincou ás 20 horas en Vigo do cruzamento da Vía Norte con Urzáiz e rematou na rúa de Montero Ríos, foi o acto central da Xornada Mundial polo Traballo Decente, na que ademais de reclamar un traballo con dereitos para toda a clase traballadora, tamén se protestou contra a directiva europea das 65 horas.
Esta Xornada é unha
mobilización de alcance internacional convocada pola Confederación Sindical Internacional (CSI) e todas as súas organizacións asociadas que, no caso de Europa, se concentran na Confederación Europea de Sindicatos (CES), da cal fan parte CCOO e UGT.
Segundo os secretarios xerais de UGT e CCOO de Galicia, José Antonio Gómez e Xan María Castro, a de hoxe foi «unha data
histórica», xa que a Xornada Mundial polo Traballo Decente é «a primeira mobilización global, o primeiro acto coordinado internacionalmente e co obxectivo principal de reclamar unhas condicións de traballo dignas para os traballadores e traballadoras de todo o mundo».
Obxectivos do Milenio
Ademais do traballo decente, a convocatoria internacional da Xornada tamén pediu o cumprimento dos Obxectivos do Milenio das Nacións Unidas, que para a
ONU deben estar cumpridos como moi tarde en 2015. Trátase de erradicar a pobreza extrema e a fame, lograr o ensino primario universal, promover a igualdade de xéneros, reducir a mortaldade infantil, mellorar a saúde materna, combater as enfermidades endémicas como a sida ou o paludismo, garantir a sustentabilidade do medio natural e fomentar unha asociación mundial para o desenvolvemento.
Directiva europea
Á parte das reivindicacións xenéricas para todo o mundo, a Xornada Mundial polo
Traballo Decente en Europa, como no caso de Galicia, acompañouse tamén
doutra esixencia: a loita contra a directiva europea de tempo de traballo, que permite unha semana laboral máxima de 65 horas. Para os dirixentes de CC OO e de UGT de Galicia trátase dunha «profunda regresión das conquistas sociais que historicamente lograron as traballadoras e traballadores organizados en sindicatos».
José Antonio Gómez e Xan María Castro tamén consideran que a dita directiva atenta contra a negociación colectiva, xa que propugna a individualización das condicións de traballo. Na súa opinión, isto
«só favorecerá a competencia desleal» e «acabará por xerar dúmping no proceso de construción europea».
Modelo de carta de Baja Voluntaria en la empresa
Los días 8 y 9 de octubre, ha tenido lugar la segunda reunión del Comité Europeo de Inditex, de este año 2024
¿Quieres desarrollarte profesionalmente en las energías renovables?
¿Sabíais que el jueves 10 es el juicio contra GrandVisión por el nuevo sistema de comisiones?
Inditex y la federación internacional de sindicatos UNI Global Union renuevan su acuerdo mundial
Características Básicas del Permiso Individual de Formación (PIF)