Revisión Salarial 2007 Oficinas y despachos de Lugo

Archivado en Revision Salarial, Salario

Revisión Salarial 2007 Oficinas y despachos de Lugo


O incremento inicial da táboa salarial do ano 2006 fou dun 3%, mentres que o incremento final da mesma táboa, trala revisión salarial pactada, é dun 3,7%.


pdf
print
pmail
Delegación Provincial Lugo
BO. Lugo 21 julio 2007, núm. 168, [pág. 1]
 

Visto o acordo para a revisión das táboas salariais para o ano 2006 e a actualización das mesmas para o 2007 do convenio colectivo para o sector "OFICINAS E DESPACHOS DA PROVINCIA DE LUGO", asinado o día 28 de xuño de 2007, pola representación da Asociación de Asesores e Xestores da Provincia de Lugo, e das centrais sindicais CIG (45.5%), UGT (27.3%), CCOO (27,3%) e de conformidade co disposto no artigo 90 apartados 2 e 3 do Real Decreto Lexislativo 1/95, do 24 de marzo, polo que se aproba o Texto Refundido da Lei do Estatuto dos Traballadores, e no Real Decreto 1.040/81, do 22 de maio, sobre rexistro e depósito de convenios colectivos de traballo.

ESTA DELEGACIÓN PROVINCIAL, ACORDA:

 

PRIMEIRO.

 

Ordena-la inscrición da revisión para o ano 2006 e as táboas para o 2007 do citado convenio colectivo no rexistro de convenios desta Delegación, así como o seu depósito.

 

SEGUNDO.

 

Remiti-lo texto da revisión do mentado convenio á Dirección Xeral de Relacións Laborais da Xunta de Galicia.

 

TERCEIRO.

 

Dispoñe-la súa publicación no Boletín Oficial da Provincia.

 

ACTA.

 

ASISTENTES

(Siguen los nombres)

En Lugo, sendo as 17:00 horas do día 28 de xuño de 2007, reúnense nos locais da Confederación de Empresarios de Lugo [Pz. Santo Domingo, nº. 6-8, 2º] as persoas á marxe relacionadas, integrantes todas elas da Comisión Negociadora do convenio colectivo para o sector de oficinas e despachos da Provincia de Lugo, co obxeto de elaborar a táboa salarial revisada do ano 2006 e a táboa do ano 2007.

Logo dos debates oportunos, adóptanse os seguintes

ACORDOS:

Primeiro.– Aprobar a táboa salarial revisada do ano 2006 do convenio colectivo para o sector de oficinas e despachos da provincia de Lugo conforme o previsto no artigo 11 do convenio en vígor. Tendo en conta o contido de tal artigo o incremento inicial da táboa salarial do ano 2006 fou dun 3%, mentres que o incremento final da mesma táboa, trala revisión salarial pactada, é dun 3,7%.

Segundo.– Aproba-la táboa salarial do ano 2007 do convenio colectivo para o sector de oficinas e despachos da provincia de Lugo conforme ó previsto no artigo 11 do convenio en vigor, o que supón un incremento salarial dun 3% sobre a táboa salarial revisada do ano 2006.

Terceiro.– O importe revisado do plus de transporte para o ano 2006 é de 40,40 euros mensuais.

Cuarto.– O importe do plus de transporte para o ano 2007 é de 41,61 euros mensuais.

Quinto.– Os atrasos por diferencias de salarios consecuencia da aprobación das táboas salariais ás que se fai referencia nos acordos anteriores aboaránse ós traballadores no prazo dun mes dende a publicación das mesmas no Boletín Oficial da Provincia de Lugo.

Sexto.– Remiti-la presente acta, xunto coas táboas salariais aprobadas, á autoridade laboral competente ós efectos legais oportunos.

E en proba de conformidade, firman a presente acta as persoas á marxe relacionadas en lugar e data indicados no encabezamento.

Táboa salarial revisada convenio de oficinas e despachos de Lugo 2006

Vixencia: 01/01/06 ó 31/12/06

CATEGORÍA PROFESIONAL Soldo mensual Retribuc. (16 pagas) anual
GRUPO I.– TITULADOS/AS:    
Titulado/a Grado Superior 984,10 15.745,60
Titulado/a Grado Medio 888,39 14.214,24
GRUPO II.– ADMINISTRATIVOS/AS:    
Xefe/a Superior 888,39 14.214,24
Xefe/a de 1ª 875,47 14.007,52
Xefe/a de 2ª, caixeiro/a con firma, xefe/a de reporteiros 848,58 13.577,28
Traductor/a e intérprete xurado de máis de un idioma 848,58 13.577,28
Oficial de 1ª, caixeiro/a sen firma, intérprete xurado un idioma 779,77 12.476,32
Operador/a máquinas contables, Taquimecanógrafo/a 779,77 12.476,32
Telefonista-recepcionista con dous ou mais idiomas, inspector/a de zona 779,77 12.476,32
Oficial de 2ª, telefonista e recepcionista con un idioma 741,02 11.856,32
Reporteiro/a de axencia de información 741,02 11.856,32
Traductor/a e intérprete non xurado, xefe/a de visitadores 741,02 11.856,32
Auxiliar administrativo, telefonista, visitador/a, cobrador/a, pagador/a 644,25 10.308,00
Aspirante 545,11 8.721,76
GRUPO III.– TÉCNICOS DE OFICINA:    
Xefe/a superior 888,39 14.214,24
Xefe/a de 1ª, xefe/a de equipo de informática 875,47 14.007,52
Analista, programador/a de ordenadores 875,47 14.007,52
Xefe/a de 2ª, xefe/a de delineación, xefe/a de explotación 848,58 13.577,28
Programador/a de Máquinas Auxiliares, Administrador/a de Test 848,58 13.577,28
Coordinador/a de Tratamento de Cuestionarios 848,58 13.577,28
Xefe/a de Equipo de Enquisas, Coordinador/a de Estudios 835,68 13.370,88
Delineante proxectista 787,30 12.596,80
Debuxante proxectista, Controlador/a, Operador/a de Ordenadores 779,77 12.476,32
Delineante 741,02 11.856,32
GRUPO IV.– ESPECIALISTAS DE OFICINA:    
Xefe/a de Máquinas Básicas 821,67 13.146,72
Operador/a de Tabuladores, Inspector/a de Entrevistadores 779,77 12.476,32
Encargado/a Departamento de Reprografías 779,77 12.476,32
Operador/a de Máquinas Básicas, Debuxante 741,02 11.856,32
Entrevistador/a, Enquisador/a 741,02 11.856,32
Calcador/a, Perforista, Verificador/a, Clasificador/a 685,13 10.962,08
Auxiliar Especialista de Oficina 644,25 10.308,00
Aspirante 545,11 8.721,76
GRUPO V.– SUBALTERNOS:    
Conserxe Maior 685,13 10.962,08
Conserxe 658,22 10.531,52
Ordeanza 644,25 10.308,00
GRUPO VI.– OFICIOS VARIOS:    
Encargado/a Almaceneiro/a 741,02 11.856,32
Oficial de 1ª, Conductor/a de 1ª 714,16 11.426,56
Oficial de 2ª, Conductor/a de 2ª 685,13 10.962,08
Axudante, Operador/a reproductor de planos 658,22 10.531,52
Operador/a Multicopista e Serocopista 658,22 10.531,52
Peón, Mozo/a, Limpador/a, Limpador/a de xornada completa 644,25 10.308,00

O importe revisado do plus de transporte para o ano 2006 é de 40,40 euros mensuais.

Táboa Salarial Convenio de Oficinas e Despachos de Lugo 2007

Vixencia: 01/01/07 ó 31/12/07

CATEGORÍA PROFESIONAL Soldo Mensual Retribuc. (16 pagas) Anual
GRUPO I.– TITULADOS/AS:    
Titulado/a Grado Superior 1.013,62 16.217,92
Titulado/a Grado Medio 915,04 14.640,64
GRUPO II.– ADMINISTRATIVOS/AS:    
Xefe/a Superior 915,04 14.640,64
Xefe/a de 1ª 901,73 14.427,68
Xefe/a de 2ª, Caixeiro/a con firma, Xefe/a de Reporteiros 874,04 13.984,64
Traductor/a e Intérprete Xurado de máis de un idioma 874,04 13.984,64
Oficial de 1ª, Caixeiro/a sen firma, Intérprete Xurado un idioma 803,16 12.850,56
Operador/a máquinas contables, Taquimecanógrafo/a 803,16 12.850,56
Telefonista-Recepcionista con dous ou mais idiomas, Inspector/a de Zona 803,16 12.850,56
Oficial de 2ª, Telefonista e Recepcionista con un idioma 763,25 12.212,00
Reporteiro/a de Axencia de Información 763,25 12.212,00
Traductor/a e Intérprete non Xurado, Xefe/a de Visitadores 763,25 12.212,00
Auxiliar Administrativo, Telefonista, Visitador/a, Cobrador/a, Pagador/a 663,58 10.617,28
Aspirante 561,46 8.983,36
GRUPO III.– TÉCNICOS DE OFICINA:    
Xefe/a Superior 915,04 14.640,64
Xefe/a de 1ª, Xefe/a de Equipo de Informática 901,73 14.427,68
Analista, Programador/a de Ordenadores 901,73 14.427,68
Xefe/a de 2ª, Xefe/a de Delineación, Xefe/a de Explotación 874,04 13.984,64
Programador/a de Máquinas Auxiliares, Administrador/a de Test 874,04 13.984,64
Coordinador/a de Tratamento de Cuestionarios 874,04 13.984,64
Xefe/a de Equipo de Enquisas, Coordinador/a de Estudios 860,75 13.772,00
Delineante proxectista 810,92 12.974,72
Debuxante proxectista, Controlador/a, Operador/a de Ordenadores 803,16 12.850,56
Delineante 763,25 12.212,00
GRUPO IV.– ESPECIALISTAS DE OFICINA:    
Xefe/a de Máquinas Básicas 846,32 13.541,12
Operador/a de Tabuladores, Inspector/a de Entrevistadores 803,16 12.850,56
Encargado/a Departamento de Reprografías 803,16 12.850,56
Operador/a de Máquinas Básicas, Debuxante 763,25 12.212,00
Entrevistador/a, Enquisador/a 763,25 12.212,00
Calcador/a, Perforista, Verificador/a, Clasificador/a 705,68 11.290,88
Auxiliar Especialista de Oficina 663,58 10.617,28
Aspirante 561,46 8.983,36
GRUPO V.– SUBALTERNOS:    
Conserxe Maior 705,68 11.290,88
Conserxe 677,97 10.847,52
Ordeanza 663,58 10.617,28
GRUPO VI.– OFICIOS VARIOS:    
Encargado/a Almaceneiro/a 763,25 12.212,00
Oficial de 1ª, Conductor/a de 1ª 735,58 11.769,28
Oficial de 2ª, Conductor/a de 2ª 705,68 11.290,88
Axudante, Operador/a reproductor de planos 677,97 10.847,52
Operador/a Multicopista e Serocopista 677,97 10.847,52
Peón, Mozo/a, Limpador/a, Limpador/a de xornada completa 663,58 10.617,28

O importe do plus de transporte para o ano 2007 é de 41,61 euros mensuais.