![www.precaritywar.es Precarity War](https://www.ccoo-servicios.es/imagenes/galicia/wonderw.jpg)
A precariedade transfórmanos en traballadoras e traballadores pobres condenados a traballar sen descanso; sometidos a unha gran ansiedade e tensión; cumprindo obxectivos desatinados por non perder o noso posto de traballo; renunciando ás nosas vidas e á nosa saúde só para poder seguir traballando un día máis...
Por iso, chegou a hora de dicir: basta!, de levantarnos e esixir un posto de traballo digno no que non nos deixemos a saúde e a vida.