¿Defender tus derechos?

Defiende tus derechos.  Afíliate a CCOOAcceso a Zona afiliacion

Consultas Laborales

Consultas laborales más frecuentes. Si no la encuentras, pregúntanos.

Convenios Colectivos

Convenios Colectivos aplicables en Galicia


O marco laboral regula as condicións de traballo de máis de 22.000 persoas na provincia

CCOO asina o preacordo do convenio do comercio vario da provincia da Coruña

convenio comercio vario coruña

A Federación de Servizos de CCOO de Galicia informa do asinamento do preacordo do convenio do comercio vario da provincia da Coruña, que regula as condicións laborais de máis de 22.000 persoas. O documento, que deberá ser validado pola afiliación do sindicato antes da súa ratificación, recolle incrementos salariais e diferentes melloras de carácter social. Os incrementos pactados supoñen unha actualización inmediata de salario do 11,5 % no momento en que o texto entre en vigor.

No capítulo salarial, páctanse incrementos retributivos do 4% para o ano 2021, do 3,5 para o 2022 e do 4% para o 2023, sumando un 11,5 % entre os tres anos. Para 2024 e 2025, a suba acordada é dun 3% para cada exercicio. Así mesmo, pagaranse atrasos con data de xaneiro do 2022, que se aboarán durante a vixencia do convenio.

Canto ao traballo en domingos e festivos, aboarase con 25 euros para os anos 2023 e 2024 e con 30 euros a partir do 2025. Pola súa parte, as tardes dos días 24 e 31 de decembro aboaranse con 12 euros por hora a partir das 14 horas.

Outras melloras salariais son a actualización do salario de encargado ou encargada, cun salario inicial de 1125,73 euros —nas táboas vixentes era de 1080,64—, soldo sobre o que se aplicarán os incrementos pactados no convenio. Pola súa parte, as categorías de axudante de dependente/a pasarán a dependente/a aos seis meses, e todas as dependentas e dependentes pasarán ao salario de dependente/a maior.

Canto aos complementos, o convenio recolle un plus compensatorio de beneficios de 200 euros mensuais para as empresas cun cadro de persoal na provincia de máis de mil persoas e beneficios nos últimos tres anos.

Entre as melloras sociais está o aumento da licenza de matrimonio ou parella de feito a vinte días naturais; a licenza por falecemento ou enfermidade de familiar pasa a ser dun mínimo de cinco días; o recoñecemento do parte de repouso para a percepción do 100 % do salario; un día máis de libranza por asuntos propios; libranzas polo tempo necesario para presentarse a exames oficiais ou oposicións; e a equiparación da convivencia acreditada coas parellas de feito. Asemade, outórganse seis sábados libres completos cada ano co obxectivo de fomentar as coñecidas como «fins de semana de calidade», medida que entrará en vigor en xaneiro do 2024.

O preacordo de convenio tamén cifra os importes dos seguros de invalidez e morte en 35.000 euros no 2024 e en 40.000 a partir do 2025. Tamén limita a un máximo de nove meses as contratacións de duración determinada, ao tempo que recolle unha inactividade máxima de cinco meses para o persoal fixo-descontinuo.

Por último, eomo novidade, incorpórase ao ámbito do convenio do comercio vario da provincia da Coruña o persoal do sector de venda de mobles, cuxo convenio estaba sen renovar desde o ano 2011.


CCOO Servizos reúnese co comité de empresa de Inelcom e co alcade de Sarria para tratar o ERE anunciado pola dirección

xuntanza comité alcalde Sarria ERE Inelcom

O Comité de Empresa de Inelcom en Sarria xunto co responsable de Servizos Técnicos dá Federación de Servizos de CCOO en Galicia, Iván Cordeiro, mantiveron unha xuntanza con alcalde de Sarria, Claudio Garrido, onde lle trasladaron a súa preocupación polo ERE anunciado pola dirección de INELCOM.

Durante a xuntaza o rexidor trasladoulle á representación legal das persoas traballadoras o seu total apoio e interese pola situación que se pode derivar das decisións empresariais que se adopten. 
Na xuntaza acordouse seguir mantendo un contacto estreito co Concello para facer un seguimento da evolución desta negativa decisión tomada pola empresa.

A Federación de Servizos de CCOO en Galicia quere denunciar publicamente o impacto que dita decisión pode supoñer tanto para o emprego na provincia de Lugo como para as condicions de traballo e vida persoal das persoas traballadoras que puideran verse afectadas.


Normas celebración plenario de afiliados de CCOO Deutsche Bank Galicia no marco do plenario ordinario de renovación da sección sindical estatal

CCOO Servizos Deutsche Bank

A Comisión Executiva Federal, na súa reunión do 24 de marzo de 2023, aproba o proceso de Plenario da Sección Sindical de CCOO en Deutsche Bank España e a convocatoria do seu Plenario de renovación que se celebrará en Barcelona, os días 20 e 21 de xuño de 2023, así como as normas de funcionamento do mesmo. 
Estas normas réxense polo Regulamento Interno de Seccións Sindicais aprobado polo Consello Federal o 4 de outubro de 2017, e foron aprobadas pola Comisión Executiva da Federación de Servizos de Galicia o 11 de abril de 2023.

 


CCOO rexeita o ERE en Inelcom, unha das meirandes empresas de Lugo

ERE inelcom

A Federación de Servizos de CCOO rexeita o ERE anunciado por Inelcom, empresa situada en Sarria, unha das compañías máis grandes de Lugo por volume de persoal. Dedícase ao sector de centros de chamadas, prestando servizos a Telefónica ou Hola Luz, entre outras.

A comezos de mes, a dirección notificoulle ao comité de empresa a apertura do período de negociacións para un ERE en todo o Estado que atangue tanto ao centro de traballo de Sarria como ao de Xàtiva (País Valenciano). Entre ambos os dous suman máis de 500 persoas.

A día de hoxe, non se sabe como afectaría a regulación de emprego a cada un dos centros. No entanto, CCOO informa de que este mércores haberá unha primeira xuntanza do comité de empresa co alcalde de Sarria, a quen lle trasladará na súa preocupación polo futuro da compañía e do emprego.


O Plan de Igualdade de grupo Inditex entra plenamente en vigor en todas as marcas

Plan Igualdade INDITEX

Entre os días 11 e 12 de abril reunímonos as respectivas Comisións Negociadoras dos Plans de Igualdade de PULL&BEAR, OYSHO, ZARA, BERSHKA, STRADIVARIUS e MASSIMO DUTTI, cun único punto na orde do día: Análise e valoración da situación actual do plan de igualdade vixente en cada marca, tras a aprobación do Plan de Igualdade do Grupo. Ler máis


Nova reunión do convenio comercio vario Coruña coa mediación do AGA

convenio comercio vario coruña

Na reunión de hoxe luns, 10 de abril, ao xa informado anteriormente, a patronal propón:

  • Un día máis de asuntos propios
  • Incremento salarial co seguinte detalle:
    • 2021-2022: 7.5%, con atrasos desde xaneiro 2022
    • 2023: 4% con revisión a táboas do 1%
    • 2024: 3% con revisión a táboas do 1%
    • 2025: 3% con revisión a táboas do 1%
    • 2026: 2.5% con revisión a táboas de IPC.

CCOO, do mesmo xeito que o resto das centrais sindicais, estivemos dacordo en que estas porcentaxes, á conta de aumentar a vixencia até o 2026, non son aceptables se non se produce un incremento maior nos anos 2022 a 2023.
Pedimos á patronal que reaccione, porque o persoal non pode permitirse máis perda de poder adquisitivo na situación de graves incrementos de IPC dos últimos anos e porque quedou demostrado na mobilización do pasado domingo 26 de marzo, que as persoas traballadoras do comercio na provincia da Coruña están ao límite da súa economía e paciencia.


Non podemos esperar máis, a patronal debe darnos unha resposta XA


Salut Laboral

Dudas y preguntas sobre Salud Laboral. Conoce tus derechos, trabaja de manera segura

Transparència CCOO

Portal Transparència Serveis CCOO: Els comptes, documents, Estatuts, decisions...

Calendario Laboral Calendario Laboral 2015
Guía derechos de trabajadores y trabajadoras Guía de los derechos de trabajadores y trabajadoras en la empresa. Tambien puedes consultar los Efectos de la Reforma Laboral sobre los derechos de los trabajador
Consulta sobre pensiones
Consultas sobre pensiones