Arxivat a Comunicado breve, Empleo, Unión Comarcal A Coruña, Planificación e Consultorías, Accion sindical

A empresa anunciou un ERE extintivo tras perder o proxecto Vodafone que se podería trasladar a Perú

O comité de Coremain denuncia o despedimento de ducias de persoas en Galicia


despedimentos COREMAIN

O comité de empresa de Coremain denuncia a pretensión da empresa de despedir a ducias de persoas traballadoras. A empresa comunicou á representación sindical a súa decisión de presentar un ERE extintivo o pasado venres día 26 de agosto. O comité manifesta o seu máis rotundo rexeitamento tanto aos despedimentos como a posible deslocalización dos postos de traballo.

A día de hoxe Coremain segue se concretar o número de despedimentos, que van de 30 a 80, creando incerteza entre as persoas que poden ser incluídas no ERE.

O comité culpa a Coremain desa deslocalización ao teren apostado en anos anteriores por derivar parte da carga de traballo a Perú, apuntando o camiño que parece seguir a nova adxudicataria do proxecto Vodafone (CAU-Centro de Axuda ao Usuario), a cal pretende trasladar todo o servizo de atención a usuarias e usuarios a este país e non contempla a subrogación do persoal actual. Ler máis


Isto supón seguir afondando na redución de postos de traballo do sector en Galicia, así como o traslado de datos de milleiros de persoas a un país que non está suxeito á normativa europea de protección de datos. Nos últimos 6 meses, as decisión empresariais de deslocalización levadas a cabo por parte de Vodafone, en servicios que se prestaban desde Galicia, supoñen una destrución de máis de 200 postos de traballo.

Canda isto, o comité denuncia que a Xunta de Galiza segue sen exercer as súas competencias e non esixe ás empresas que operan no noso país que garantan a atención no noso idioma, obrigando a que os usuarios teñan que usar unha lingua distinta a súa lingua materna e facilitando a deslocalización de empresas. O obrigatoriedade de facilitar unha atención en galego podería garantir un mínimo de 2000 postos de traballo en Galicia.

Rexeita tamén a pretensión de Vodafone de maximizar os seus beneficios a custo dos dereitos laborais deslocalizando os servizos a terceiros países con salarios aínda máis baixos que os establecidos no convenio colectivo de Consultoría.