Readmisión despedidos BBVA. Ante a súa agresión, a nosa resposta Colectiva
BBVA procedeu a despedir, sen apertura de Expediente Disciplinario previo, e por tanto en clara situación de indefensión, a 14 persoas á vez, baixo a acusación de "ruptura da boa fe contractual, por baixa produtividade". Maioritariamente ocupaban postos Comerciais, aínda que tamén hai algún GAC, todos na Rede de Oficinas.
Que se despediran a dúas persoas por Territorial, coa excepción de 3 no Centro e 1 en Canarias, xa dá unha idea clara de que esta medida non ten nada que ver coa obxectividade nin coas persoas afectadas. Estamos ante unha agresión directa contra o emprego do conxunto do persoal. Buscan preparar o terreo e AMEDRENTAR ao conxunto de traballadores e traballadoras do BBVA. A orixe desta forma de actuar é consecuencia da mediocridade e incapacidade dos directivos do banco. Lonxe de asustarnos, só cabe responder coa contundencia que o momento require.
Por ese motivo nos manifestamos, ao igual que outras capitais de provincia, onte en A Coruña:
Xuntanza de delegadas e delegados de Alcampo Galicia cos responsables da Sección Sindical Estatal
Asinados os convenios de Comercio de Mobles e Comercio de Materiais de Construción da provincia de Pontevedra
Na sinatura destes dous convenios tivemos en conta que son dous sectores tocados especialmente pola crise con empresas que xa pecharon, outras que están con ERTES continuos e sen demasiadas perspectivas de mellora, polo que estabamos obrigados a tomar unha posición responsable. De todas maneira conseguimos asinar, aínda que sexa de forma moderada, incremento salarial para cada un dos anos de vixencia e algunha mellora máis. Segue
"Imos ao traballo, sen cobrar e sen nada que facer"
"La Voz de Galicia" publica hoxe unhas declaracións de Pilar Pérez delegada de CCOO Servizos e presidenta do comité de empresa de ALN na Coruña nas que explica a situación de 55 traballadores da empresa que viron como a situación laboral se foi degradando, ao pasar de atrasos nas nóminas e concurso de acredores, a ver rescindido o contrato co seu cliente principal, Hibu, e ter que ir ao traballo sen cobrar e sen nada que facer.
CCOO gaña as eleccións na oficina principal de Abanca en Santiago de Compostela
A Federación de Servizos de CCOO gaña as eleccións na oficina principal de Abanca en Santiago de Compostela. Como xa aconteceu catro anos atrás, a candidatura presentada por Comisións conseguiu dous representantes no comité de empresa, fronte a dous de ASCA e un da UGT, que entra no comité á custa da CSICA. Ademais, CCOO foi o sindicato máis votado nuns comicios en que participou a totalidade do persoal, polo que manterá a presidencia do órgano de representación. Segue