Mulleres e violencias machistas. Atención, recursos e dereitos en tempos de COVID-19. Preguntas e respostas.
EN PRIMEIRO LUGAR, recorda que tes infodispoñible o Manual de respuesta sindical ante el COVID-19 (en actualización continua). Nese documento podes atopar información sobre as medidas excepcionais pola crise COVID-19 en materia de violencia de xénero.
VIOLENCIAS MACHISTAS: ATENCIÓN, RECURSOS E DEREITOS EN TEMPOS DE COVID-19
Gadis atende as demandas de CCOO e decide pechar as suas tendas o xoves santo.
Desde a Federación de Servizos de CCOO de Galicia valoramos como positiva a medida tomada por Gadis de pechar o Xoves Santo, dándolle así dous días de descanso ao seu persoal, no sentido correcto de salvagardar a saúde das persoas e contribuir á prevención e contención do virus.
Tamén consideramos como moi oportuna a achega dunha gratificación ao seu persoal, como xa fixeron outras marcas, para compensar o sobreesforzo, entrega e xenerosidade amosada por un persoal que leva traballando ao límite desde o inicio desta crise.
Esperamos e desexamos que está medida sexa implantada polo resto de empresas do sector, supermercados e hipermercados, así como que atendan a demanda de non abrir os domingos.
Insistimos na necesidade da derrogación inmediata pola Xunta de Galicia da medida adoptada respecto da Liberdade de horarios de establecementos de primeira necesidade. Debe acometerse a modificación da RESOLUCIÓN do 15 de marzo de 2020, para os establecementos comerciais cuxa apertura se definiu baixo principios de abastecemento esencial, xustamente para definir os seus horarios de apertura baseándose nos devanditos principios e a limitación de permanencia para a contención da emerxencia sanitaria.
“Cuarto. Todos os establecementos comerciais de primeira necesidade exceptuados da suspensión no Acordo do Consello de la Xunta de Galicia do 13 de marzo e neste acordo, e que, polo tanto, poden continuar abertos, terán liberdade horaria para fixaren sen limitacións os horarios dos seus establecementos comerciais”.
As ETTs deixan tirados e abandonados aos traballadores e ás traballadoras con contratos de "posto a disposición"
Desde CC.OO. e UXT, imos denunciar a todas as empresas de traballo temporal (ETTs) que deixaron tiradas e abandonadas a centos, mesmo miles de persoas que estaban postas a disposición en empresas usuarias, que despediron dos seus postos de traballo e que lle foron extinguidos os seus contratos temporais.
Desde os primeiros momentos desta crise sanitaria do COVID19, as ETTs despediron, maioritariamente por finalización de actividade, a un alto volume de persoal que prestaba os seus servizos en empresas usuarias, cando, na nosa opinión, terían que suspender os contratos, posto que, xeralmente, o que pasou é que se suspendeu a actividade nas devanditas empresas "cliente". Así o demostra o feito de que a inmensa maioría das empresas usuarias acometeron ERTEs do seu persoal, para que unha vez termine esta situación da pandemia do coronavirus, volvan aos seus postos de traballo. Ler máis
CCOO Servizos pídelle á Xunta que o Xoves Santo sexa declarado inhábil no sector da alimentación
Desde a Federación de Servizos de CCOO entendemos que, a pesar de que a lei permite a apertura nese festivo, dada a actual situación cómpre tomar medidas para a prevención e a contención do virus. Recollemos así as demandas de numerosas traballadoras e traballadores do sector.
CCOO Servizos instamos a Xunta de Galicia a que non permita que o sector da alimentación abra o Xoves Santo, en pleno estado de alarma. Todos os anos, a fixación de festivos para a apertura xera un forte debate entre empresarios e sindicatos, pero este ano abrir o Xoves Santo, ademais, é inseguro e innecesario.
Cremos que é prioritario asegurar a protección das persoas traballadoras, especialmente expostas nesta situación, e abrir nun festivo como este resulta contrario ao sentido común. Hai que ter en conta, ademais, que ante a enorme presión sufrida por estas traballadoras, a necesidade de descanso é evidente.
A Federación de Servizos de CCOO subliñamos que con esta petición recollemos o sentir de centos de traballadoras e traballadores que cada día acoden ao seu posto de traballo con inquietude e preocupación.
Abundando na mesma idea, consideramos que debe acometerse a modificación da RESOLUCIÓN do 15 de marzo de 2020, para os establecementos comerciais cuxa apertura se definiu baixo principios de abastecemento esencial, xustamente para definir os seus horarios de apertura baseándose nos devanditos principios e a limitación de permanencia para a contención da emerxencia sanitaria.
Moi especialmente, entendemos que a regulación relativa á definición de “zonas de grande afluencia turística” (ZGAT) e aperturas en domingo debe suspenderse todo o tempo que prolongue o estado de alarma, xa que —ocioso é dicilo—, pola súa propia definición carece de sentido nunha situación como a presente, incluíndo a curto prazo o referente ao período de Semana Santa.
Cremos que debe ser compatible a debida garantía de acceso a produtos básicos alimentarios ou de hixiene coa seguridade e saúde dos cadros de persoal; e pensamos que recentes normativas liberalizadoras son inconvenientes e poden ter “un efecto chamada” xusto no momento de maior confinamento da poboación, polo que deberían restrinxirse e racionalizarse os horarios de atención nos días festivos.
Por último, tamén queremos recoñecer a enorme tarefa das traballadoras e traballadores do sector da alimentación. Son moitas as profesións que están sendo clave nesta crise, son moitas as persoas que están a traballar para poder pasar esta situación dunha mellor maneira e, sen dúbida, este sector tamén merece o noso aplauso.
Carta ao Ministerio de Industria, Comercio e Turismo: CCOO solicita que equipare en todas as CCAA os horarios de apertura de establecementos comerciai
O art. 10 do RD 463/2020 supón unha redefinición dos establecementos comerciais comerciantes polo miúdo de alimentación, bebidas, produtos e bens de primeira necesidade, en termos de sector esencial para garantir o abastecemento da poboación nesta situación, asegurándose de que "a permanencia nos establecementos comerciais cuxa apertura estea permitida (sexa) ser a estritamente necesaria para que os consumidores poidan realizar a adquisición de alimentos e produtos de primeira necesidade".
Por iso, CCOO Servicios considera que debe abordarse os termos de aplicación presentes e concretos da Lei 1/2004, de 21 de Decembro, de horarios comerciais, para os establecementos comerciais cuxa apertura se definiu baixo principios de abastecemento esencial, xustamente para definir os seus horarios de apertura en base aos devanditos principios e á limitación de permanencia para a contención da emerxencia sanitaria. Ler máis