Arxivat a Comunicado breve, Empleo, Contact Center, Accion sindical
Xa alertáramos desta posibilidade e denunciamos a política de deslocalizacións da compañía enerxética
CCOO rexeitamos a rescisión do contrato con Unitono-Ourense por parte de Naturgy
A Federación de Servizos de Comisións Obreiras de Galicia rexeitamos a rescisión do contrato con Unitono-Ourense por parte de Naturgy, que se producirá a partir do 15 de novembro. Desde comezos de ano, viñamos denunciando a política de deslocalizacións da compañía enerxética, reducindo carga de traballo nos centros de chamadas da Coruña e Ourense. Ler máis
No ano 2018, entre Teleperformance (A Coruña) e Unitono (Ourense) sumaban máis de 460 postos de traballo. A día de hoxe mantéñense 150 empregos na primeira, mentres que a segunda podería perder máis de cen, ficando en preto de cincuenta.
Mantivemos reunións coa Xunta de Galicia para que actuase de intermediaria entre o comité de empresa de Unitono-Ourense e Naturgy. Froito desta mediación, a compañía enerxética comprometeuse co mantemento do servizo en Galicia e, concretamente, en Ourense.
Porén, a dirección de Unitono acáballe de comunicar ao comité de empresa a perda do servizo prestado a Naturgy. Con todo, ata o asinamento da adquisición da empresa por parte do grupo GSS, que se prevé para comezos de novembro, non se aplicaría medida ningunha canto ao persoal.
Comisións rexeitamos a destrución de emprego que se está a producir no sector dos centros de chamadas, que responde a intereses «puramente económicos que non valoran a calidade dos servizos que se prestan aquí», apunta Iván Cordeiro, responsable da Agrupación de Servizos Técnicos de CCOO.
Acuerdo de Tarifas y Servicios Bancarios para la Plantilla del BBVA
Delegados y Delegadas de Prevención de Riesgos Laborales en Tecnocom
Decisiones difíciles de entender
Plan de movilidad P.I. Can Sant Joan
La dirección de la Paradores anula la posibilidad de JUBILACIONES PARCIALES AL 75% para los años 2022 y posteriores.
En los últimos 27 años la cifra de mujeres ocupadas ha pasado de 3,5 millones a más de 6 millones









