Archivado en Comunicado breve, Empleo, Contact Center, Accion sindical
O Grupo Común da Esquerda coincide con CCOO na situación dos centros de chamadas
Este mércores tivo lugar unha xuntanza entre Comisións Obreiras e o Grupo Común da Esquerda para tratar a situación dos centros de chamadas en Galicia, especialmente tras a decisión de Naturgy de finalizar o contrato con Unitono-Ourense. Ler máis
Segundo expuxo CCOO na reunión, o sector dos contact center (centros de chamadas) dá traballo a máis de dez mil persoas en Galicia. O grupo parlamentario coincidiu co sindicato na necesidade de que as Adminstracións públicas impusen políticas activas de emprego no sector e garantan a prestación de servizos de atención en galego desde a nosa comunidade, non desde outras.
Así mesmo, concordaron en esixir cláusulas de garantía de creación ou mantemento de emprego nas licitacións públicas, obrigando á devolución das subvencións por parte daquelas empresas que incumpran os compromisos adquiridos.
De igual maneira, ven necesario fomentar políticas de responsabilidade social corporativa, que han comezar polo coidado das condicións laborais; e que a nivel lexislativo se promovan leis que impidan a fuga de datos, suxeitos ao Regulamento de protección de datos europeo, cara a terceiros países que non teñan as mesmas garantías de privacidade.
Acuerdo de Tarifas y Servicios Bancarios para la Plantilla del BBVA
Decisiones difíciles de entender
Delegados y Delegadas de Prevención de Riesgos Laborales en Tecnocom
Plan de movilidad P.I. Can Sant Joan
La dirección de la Paradores anula la posibilidad de JUBILACIONES PARCIALES AL 75% para los años 2022 y posteriores.
CCOO SERVEIS DAVANT LA TRAMITACIÓ DE L'AVANTPROJECTE DE LLEI QUE REGULA EL SERVEI ITV









