Archivado en Comunicado breve, Empleo, Contact Center, Accion sindical

O sector de Contact Center ocupa a case 10.000 persoas en Galicia
A Federación de Servizos insta á Xunta a mediar no conflito de Unitono Ourense
O pasado nove de maio a Federación de Servizos de CCOO de Galicia, representada pola súa Secretaria Xeral Lucía Trenor, asistiu a unha reunión do Comité de Empresa de Unitono co conselleiro de Economía, Emprego e Industria Francisco Conde.
Na reunión participaron ademais a secretaria xeral de Emprego Covadonga Toca e o director do IGAPE Juan Cividanes.
Durante a reunión o comité de empresa de Unitono trasladou a problemática existente na plataforma do centro de Ourense, solicitando a intervención da Xunta para atopar unha solución conxunta á deslocalización que está sufrindo. Ler máis
A Consellería trasladou o seu compromiso de axente intermediario entre Naturgy e Unitono. Asemade, a empresa Unitono trasladoulle á Xunta a súa intención de diversificación de clientes na plataforma que teñen en Ourense para conseguir maior volume de negocio.
A Federación de Servizos de CCOO expuxo unha vez máis á Xunta a necesidade de que Unitono aplique unhas solucións a curto prazo que permita o aumento do da carga de traballo para o seu centro en Ourense. Do mesmo xeito abordáronse as necesidades dunha modificación lexislativa que permita o mantemento de empregos en Galicia.
Lucia Trenor, Secretaria Xeral de Servizos de CCOO Galicia, fixo especial fincapé na situación e problemática na que se atopa o sector de Contact Center en Galicia, que ocupa a case 10.000 persoas pondo como exemplo os conflitos existentes en empresas como: Teleperformance, Bosch, DxC Technology, Unitono, Universal Support, etc...
Desde a Xunta ratifícase o compromiso realizado na primeira reunión mantida coa secretaria de Emprego Covadonga Toca levando a cabo un estudo para analizar a situación do sector do Contact Center en Galicia.
Acuerdo en materia de permisos y ausencias en horario de trabajo en Rural Servicios Informáticos, S.C.
06-07-12 Para CCOO es imprescindible que se sepa cómo hemos llegado hasta aquí
Ampliación permiso de paternidad
Calcula tus retenciones de IRPF del año 2005
Continúan las movilizaciones en defensa del Convenio Colectivo de los Servicios de Prevención Ajenos
Calcula les teves retencions d'IRPF de l'any 2005