Archivado en Condiciones de trabajo, Convocatorias, Comunicados convenio, Union Intercom. Ourense

CONVENIO TÉXTIL OURENSE

Convenio Téxtil de Ourense: A Patronal cérrase en banda

Desde o 5 de abril que empezamos a negociación, xa levamos varias reunións nas que tratamos e discutimos todos os temas que vos comentabamos na plataforma reivindicativa, pero a Patronal está cerrada en banda: (segue)


Este artículo se publicó originalmente en GALICIA (Federación de Galicia) ,


pdf print pmail

  • Non quere reducir a xornada anual.

  • Non quere aumentar a garda legal ata os 14 anos.

  • Non quere aumentar os días de lactación.

  • Non quere aumentar a licenzas e que estas empecen a contar en día laboral.

  • Non quere regular o contrato a tempo parcial nin aceptar a consolidación e aumento de horas dos contratos.

  • Non quere incluír unha póliza de seguro colectiva.

E o que é mais grave:

  • Quere borrar do mapa de golpe os anos 2011 a 2017 e eliminar calquera subida salarial ou pago de atrasos para eses anos.

  • Propoñen un convenio para os anos 2018-2019-2020 cunha subida do 2% para cada ano ESQUECENDO O RESTO e insistindo no mesmo en cada reunión.

Poñendo un exemplo, unha dependenta que en 2010 cobraba 873,19 EUR acabaría no ano 2020 cobrando 52,39 EUR máis ao mes. Si, ese ridículo incremento para 10 anos.

Con esta actitude, chegamos a un punto no que non nos quedou mais remedio que levantarnos da mesa pola falta de racionalidade e a irresponsabilidade da patronal, sobre todo se se ten en conta que as persoas que conformamos a mesa de negociación presentamos diferentes solucións para tentar salvar este tema, pero A PATRONAL insiste en non aceptar ningunha proposta.

Se temos en conta que a proposta de Salario Mínimo Interprofesional para o ano 2020 é de 850 EUR ao mes, significa que a Patronal do téxtil de Ourense, condena ao seu persoal a uns salarios de miseria, próximos ao SMI, e que para nada coinciden cos duns cadros de persoal formados e profesionalizados.

Esta mesma patronal, nun acto de avaricia, é a que se queixa de que non suban máis as vendas, pero non se pregunta con que diñeiro pretenden que se realicen.

Para informar con máis detalle e tratar as medidas que se deben adoptar ante esta situación, convocámosvos a unha asemblea de traballadores e traballadoras que terá lugar en dúas quendas co fin de facilitar a asistencia maioritaria do persoal.

xoves 31 de maio : 11:00 horas e 18:00 horas

Salón de Actos do Edificio Sindical en San Lázaro

Infórmate

CCOO Servicios es un sindicato, es Comisiones Obreras en los sectores de Comercio, Financiero, administrativo, de las TIC, Hostelería, Contact-center, Oficinas, Turismo... Leer más


Síguenos en Telegram

Dónde estamos


OFICINAS CENTRALES
C/ Albasanz, 3 1º Planta
28037 Madrid
Tel: 91 540 92 82
Asesoría Madrid 91 536 51 63-64
Otras Comunidades
Fax: 91 559 71 96
Email: contacta@servicios.ccoo.es