Archivado en Negociacion Colectiva, Comunicados convenio, Union Intercom. Ourense, Comercio, Comercio Galicia

Convenio Comercio Alimentación Ourense

CCOO Servizos asina o Convenio de Comercio Alimentación de Ourense

Hoxe 19 de setembro, chegamos a un acordo para asinar o Convenio Colectivo de Comercio Alimentación de Ourense. Mantendo a base do convenio anterior e sen retroceder en ningún dos seus apartados, mellóranse e engádense os seguintes conceptos:


Este artículo se publicó originalmente en GALICIA (Federación de Galicia) ,


pdf print pmail

- Vixencia 2017 - 2020

- Incorporación de protocolos de acoso.

- Incorporación de Articulado sobre Prevención de Riscos.

- Elimínase a obrigatoriedade de xustificar o tres días de licenza por asuntos propios.

- Admítese que a licenza por hospitalización poida collerse en calquera momento da mesma.

- Incorpórase unha Licenza Non Retribuída para usar en caso de enfermidades graves ou de longa duración de parentes.

- Amplíase a posibilidade de Redución por Garda Legal, dos 12 aos 14 anos.

- Incorpórase unha regulación no contrato a tempo parcial, que permite consolidar o 50% das horas complementarias realizadas nun período de 15 meses.

- Inclúese dentro do salario base, a gratificación de actividade, que ata agora se pagaba só en 12 mensualidades e que agora se abonará tamén nas tres pagas extras.

- Realízase por tanto un incremento salarial lineal nos seguintes termos:

Ano 2017.- 14 eur/mes

Ano 2018.- 28 eur/mes

Ano 2019.- 20 eur/mes

Ano 2020,. 20 eur/mes

O que equivalería a un incremento aproximado do 10% nos grupos e niveis máis utilizados, conseguindo ademais que esta subida sexa maior nos salarios máis baixos e non nos máis altos, como pasa cando a subida é porcentual.

En resumo, conséguese que o Convenio Colectivo de Ourense avance no que respecta a achegarse ás condicións sociais e económicas do resto de Provincias da nosa Comunidade.

Infórmate

CCOO Servicios es un sindicato, es Comisiones Obreras en los sectores de Comercio, Financiero, administrativo, de las TIC, Hostelería, Contact-center, Oficinas, Turismo... Leer más


Síguenos en Telegram

Dónde estamos


OFICINAS CENTRALES
C/ Albasanz, 3 1º Planta
28037 Madrid
Tel: 91 540 92 82
Asesoría Madrid 91 536 51 63-64
Otras Comunidades
Fax: 91 559 71 96
Email: contacta@servicios.ccoo.es