Archivado en Nota de prensa, Fusiones, Unión Comarcal A Coruña, Union Comarcal Ferrol, Union Intercom. Santiago Barbanza, Union Comarcal Lugo, Unión Comarcal A Mariña, Union Intercom. Ourense, Union Comarcal Vigo, Union Comarcal Pontevedra, Union Comarcal Arousa, Sector Financeiro

Santander adquire Banco Popular: A principal preocupación é a defensa do emprego
Ante a difusión hoxe en medios da decisión da Xunta de Resolución Bancaria Europea da adxudicación de Banco Popular a Banco Santander, dende a Federación de Servizos de CCOO en Galicia queremos pór de manifesto que esta noticia debe significar a finalización da incerteza que levan padecendo nas últimas semanas os máis de 1.400 traballadores e traballadoras do Grupo Banco Popular en Galicia. Segue
A integración do Grupo Banco Popular a Banco de Santander debe representar a incorporación dun persoal moi preparado, que sabe e entende o negocio bancario. Grupo Banco Popular levou a cabo moi recentemente unha reestruturación do seu persoal e non require novos axustes de persoal.
Para a Federación de Servizos de CCOO en Galicia, especialmente afectada pola relevancia de Banco Pastor no noso territorio, a principal preocupación é a mesma que a dos traballadores e as traballadoras: a defensa do emprego e que a homoxeneización das condicións de traballo entre o persoal se faga de forma ordenada, progresiva e pactada. CCOO esiximos un Protocolo de Garantías de Emprego que renuncie á utilización de medidas traumáticas.
CCOO somos o sindicato maioritario no Sector Financeiro. A nosa experiencia acumulada, ao liderar diferentes procesos de integración, serviranos para levar a cabo unha negociación con alternativas razoables, tanto para o persoal como para o desenvolvemento eficaz da integración en Banco de Santander. Somos a garantía de que o proceso contará cos intereses dos traballadores e das traballadoras de ambas as Entidades.
Lucía Trenor
Secretaria Xeral Federación de Servizos CCOO Galicia
Acuerdo en materia de permisos y ausencias en horario de trabajo en Rural Servicios Informáticos, S.C.
06-07-12 Para CCOO es imprescindible que se sepa cómo hemos llegado hasta aquí
No a la política de absorciones
La CE respalda las alegaciones de CCOO Servicios contra las prolongaciones de jornada
Calcula les teves retencions d'IRPF de l'any 2005
Ampliación permiso de paternidad