A responsabilidade de CCOO é velar polo persoal de DIA e a viabilidade de toda a empresa
Trala reunión mantida hoxe, o número de persoas afectadas sería, finalmente, de 1.586, o que supón unha desafectación de 478 persoas (un 21%). Ofrécense 341 vacantes que poden reducir o numero de persoas afectadas. Se houbese vontade sería relativamente sinxelo alcanzar un acordo unánime e útil para o futuro da entidade. Ler máis
Éxito da folga en DIA. #EnDIAnonSobraNinguén
A folga e as protestas do persoal de DIA tiveron un seguimento multitudinario. Isto ten moitísimo valor, sobre todo tendo en conta o ambiente que se creou nas tendas, onde os que se esconderon ante o problema tamén sementaron o medo e o desconcerto con mensaxes falsas.
Ante todo queremos darvos as grazas a todas e cada unha das persoas que hoxe decidistes loitar polo emprego en DIA, que decidistes alzar a voz para defender os vosos postos de traballo, que, a pesar de todo, quixestes lanzar unha mensaxe clara á empresa:
Cos nosos traballos non se xoga!!!!!! Ler máis
CALENDARIO LABORAL DE GALICIA 2019
- Festivos locais A Coruña, aquí e aquí
- Festivos locais Lugo, aquí e aquí
- Festivos locais Ourense
- Festivos locais Pontevedra
- Festivos Galicia (DOG)
- Apertura domingos e festivos comercio (DOG)
- Festivos resto comunidades (BOE)
Asinado o acordo de Convenio Colectivo de Comercio Téxtil de Ourense
Desde CCOO consideramos como tema a destacar tras a sinatura do acordo, que por fin acabamos coa situación de bloqueo que tiña este convenio desde finais do ano 2010.
Acabouse tanto a conxelación salarial, como manter un texto que tan só polo simple paso do tempo era obsoleto nalgúns dos seus artigos.
É un convenio asinado para o que queda deste ano 2018 e o ano 2019, por tanto desde CCOO considerámolo como un convenio de tránsito que nos permite acabar con este bloqueo e empezar a planificar o futuro a curto prazo.
É importante poñer en valor que se desbloqueou o convenio GRAZAS Á VOSA PARTICIPACIÓN, coa asistencia tanto ás mobilizacións que tiveron lugar durante o verán, como ás asembleas nos locais sindicais, deixando claro á luz pública e á Patronal, que este bloqueo tiña que finalizar. Ler máis
CCOO Servizos estrea representatividade en Als Laboratory Group de Ourense
Nas eleccións celebradas hoxe, dous de xullo, CCOO consigue un delegado con candidatura única en Als Laboratory Group, empresa de enxeñería de minas en Penouta, Viana do Bolo na provincia de Ourense. Nesta ocasión trátase dun centro de traballo onde non había representación sindical.

















