Archivado en Convenios Colectivos, Negociacion Colectiva, Union Comarcal Vigo, Union Comarcal Pontevedra, Comercio, Comercio Galicia

Asinado o Convenio Colectivo de Comercio de Materiais de Construción e Saneamento da provincia de Pontevedra


comercio materiais construción saneamento Pontevedra

Tras cinco reunións da mesa negociadora o pasado 2 de maio, asinamos o Convenio de Comercio de Materiais de Construción e Saneamento da provincia de Pontevedra, o que terá unha vixencia de dous anos, 2018 e 2019.



As melloras introducidas no novo convenio asinado son:

  • Incremento Salarial do 1,5% cada un dos anos con revisión con carácter retroactivo entre o 1% e o IPC real.

  • Incremento nun 50% máis no valor das horas extras en domingos e festivos (pasa a ser do 150% sobre o valor da hora ordinaria).

  • O seguro de vida pasa a 30.000 eur.

  • Incorpórase a preferencia sobre novas contratacións a xornada completa para os contratos a tempo parcial, así como a regulación da xornada e as horas complementarias.

  • Establécense como días de descanso retribuído en 2018 os días 24 e 31 de decembro.

  • Inclúese a intervención cirúrxica con repouso domiciliario de familiares ata segundo grao como licenza retribuída.

  • Dentro da licenza de acompañamento ó médico de familiares, incluímos os fillos discapacitados.

  • Introducimos un texto sobre conciliación que, entre outras cousas, dá a posibilidade de modificación da quenda de vacacións por parte do pai nos períodos de baixa maternal ou lactación.

  • Para os casos de violencia de xénero dáse a posibilidade de adaptación da xornada de traballo.

  • Incorpórase a figura do delegado sindical en empresas a partir de 40 traballadores ou traballadoras.

CCOO valoramos moi positivamente a sinatura de este convenio que, como en anos anteriores, foi negociado nas reunións xustas e necesarias e que segue a mellorar as condicións de traballo neste sector tanto no nivel económico como nas condicións de traballo.