Archivado en Nota de prensa, ERE, Uni贸n Comarcal A Coru帽a, Union Comarcal Lugo, Union Intercom. Ourense, Comercio, Comercio Galicia, Accion sindical

Este m茅rcores, cadrando coa xunta de accionistas en Madrid, houbo protestas en Galicia e no resto de Espa帽a

脡xito da folga en DIA. #EnDIAnonSobraNingu茅n


ERE supermercados DIA

 A folga e as protestas do persoal de DIA tiveron un seguimento multitudinario. Isto ten moitísimo valor, sobre todo tendo en conta o ambiente que se creou nas tendas, onde os que se esconderon ante o problema tamén sementaron o medo e o desconcerto con mensaxes falsas.

Ante todo queremos darvos as grazas a todas e cada unha das persoas que hoxe decidistes loitar polo emprego en DIA, que decidistes alzar a voz para defender os vosos postos de traballo, que, a pesar de todo, quixestes lanzar unha mensaxe clara á empresa:

Cos nosos traballos non se xoga!!!!!! Ler máis



pdf
print
pmail

 Hoxe falou o persoal e tamén a Xunta de Accionistas de DIA, agora é Mikhail Fridman o que ten que pronunciarse. A partir de mañá deberíase abrir un novo tempo con novos directivos centrados nun Plan de negocio e non en amaños financeiros. Isto non será posible sen o persoal que hoxe pechastes as tendas e saístes á rúa para esixir que se paralice o ERE, porque en DIA non sobra ninguén.

Da mesma maneira que Letter One esixiu que non lle obriguen a vender nada, CCOO esixe que non despidan a ninguén. Ata que non se coñeza cal vai ser a estratexia de xestión de Letter One debe retirarse o ERE, porque para negociar os despedimentos de miles de persoas é exixible un mínimo de claridade de xestión e unha formulación de viabilidade realista e de futuro.

CCOO esixe solucións, xa está ben de que as traballadoras e as súas familias pagan pola mala xestión dos directivos!!

 

Encima da mesa de supermercados DIA hai un Expediente de Regulación de Emprego exposto por un Consello de Administración ao que hoxe lle deron as costas os accionistas da empresa. Sería lóxico mantelo?

A partir de mañá ábrese un escenario novo, con novos directivos e con novas formas de xestión centradas nun plan de crecemento para os próximos 5 anos. Isto non será posible sen o persoal que hoxe pechou as tendas e saíu á rúa para esixir que se paralice o ERE, porque en DIA non sobra ninguén.

Para CCOO é imprescindible que Letter One tome o control da compañía e que se reúna cos representantes do persoal para explicarnos o seu Plan Industrial. É o momento de presentar propostas para facer de DIA unha empresa viable e a única contraparte posible é aquela que ten capacidade para tomar decisións a medio e longo prazo. Por tanto, CCOO esixe que o actual Consello de Administración facilite que Letter One tome o control.

Por outra banda, CCOO entende que na mesa de negociación deben estar as persoas que teñan potestade real para tomar decisións.

#EnDIAnonSobraNinguén #EnDiaNoSobraNadie #LaPlantillaPrimero #StopERE