Archivado en Comunicado breve, Elecciones sindicales, Unión Comarcal A Coruña, Contact Center

CCOO Servizos mellora a súa representatividade nas eleccións de Universal Support (Coruña)


eleccións universal support
Hoxe xoves, 23 de novembro, celebráronse eleccións na empresa Universal Support na Provincia da Coruña obtendo un total de 6 delegadas para un comité de 13.

Estas eleccións corresponden ao persoal de traballadores e traballadoras externos, adicadas a actividades de Contact Center para diversos clientes (Banco Popular, Abanca, R, HIBU...).

Este resultado mellora a representación anterior de CCOO, incrementando nunha delgada o resultado de fai catro anos.

CCOO Servizos amosa o seu agradecemento a todas as persoas que participaron neste proceso e, en especial, ás que co seu voto depositaron a súa confianza en Comisións Obreiras.

CCOO Servizos quere dar os parabéns tamén a todos os traballadores e traballadoras, renovando o noso compromiso para levar a cabo o mellor traballo posible en defensa dos intereses de todo o personal.