Archivado en Condiciones de trabajo, Comunicados convenio, Unión Comarcal A Coruña, Comercio Galicia

A Patronal segue enrocada nas súas posicións lesivas para os traballadores

Nova reunión do Convenio Colectivo de Comercio Alimentación da Coruña


 O mércores 6 de setembro mantivemos unha nova reunión do Convenio Colectivo de Comercio Alimentación da Coruña.

O punto primordial da reunión era pedir que a patronal clarificase a pseudo-plataforma que entregou na reunión anterior que non detallaba as pretensións que tiña respecto a cada un dos apartados negociables: salarios, xornada, contratación, etc.

Unha vez detallada a Plataforma Patronal, xa nos queda clara a súa intención de modificar todos os aspectos do convenio. Poñemos como exemplo das súas pretensións as seguintes:


- Incrementar o tempo necesario para promocionar de nivel.

- Incrementar os períodos de proba.

- Dar carta branca ao contrato de interinidade para evitar incrementar a contratación indefinida.

- Dar máis facilidades para a contratación a tempo parcial con horarios irregulares que poñen a plena disposición da empresa.

- Abonar como hora ordinaria as horas extras diarias e reducir o pago das de domingos e festivos.

- Recortar e complicar a xustificación das licenzas retribuídas.

- Reducir o abono do salario en caso de enfermidade e complicar a xustificación mediante actuación das mutuas.

- Eliminar calquera posibilidade de concreción horaria por maternidade e reducir os días de lactación.

- Un convenio para cinco anos cuns Incrementos salariais ridículos:

2016.- 0%

2017.- 0,25%

2018.- 0,25%

2019.- 0,5%

2020.- 0,5%

- E para rematar preséntannos un intento de modificación do réxime disciplinario que polo seu tamaño e detalle parécese máis a unha copia do Código Penal ou da famosa ?Lei Mordaza?, que facilita a sanción ou o despedimento case polo feito simple de respirar.

Unha vez máis, a patronal do Comercio Alimentación vai ao seu, e esquécese dos problemas dos traballadores e traballadoras do sector:

- Falta de control de presenza mediante fichaxe, con excesos de xornadas e horas extras realizadas e non abonadas.

- Precariedade salarial e exceso de contratación a tempo parcial.

- Imposibilidade de conciliación da vida laboral e familiar.

- Nula intención de mellorar en materia de saúde laboral e prevención de riscos.


Sen dúbida seguimos moi afastados e cunha visión totalmente diferente da situación actual: onde eles falan de crise, nós, dos datos reais sobre a mellora da economía, como indican os seus propios informes sobre o incemento de beneficios presentados nos medios de comunicación.

https://www.facebook.com/ServizosCCOO

https://twitter.com/servizosccoo