Archivado en Comunicado breve, Elecciones sindicales, Union Comarcal Vigo, Union Comarcal Pontevedra, Union Comarcal Arousa, Seguros e Mutuas

Excelentes resultados de CCOO Servizos na súa primeira candidatura en FREMAP Pontevedra


CC.OO. Servizos estrea a súa representatividade cun gran resultado nas eleccións celebradas hoxe martes, 29 de novembro. Nos catro centros de Fremap na provincia da Pontevedra (Vilagarcía, Porriño, Vigo e Pontevedra) obtivo dous delegados, UGT tres e CSIF catro. Cabe salientar que as diferenzas de votos foron mínimas, con só un de diferenza respecto a UGT.
CC.OO. pasa a ter dous representantes, resultado que o sindicato entende como un recoñecemento das traballadoras e traballadores da empresa ao traballo realizado por CCOO.
Desde CCOO queremos agradecervos ás traballadoras e traballadores de Fremap Galicia a confianza depositada nesta organización.