INICIO DE MOBILIZACIÓNS CONTRA O ERE: ESPERÁMOSTE

Non ao proceso de Despedimento Colectivo en Banco Popular e en Banco Pastor!!

O próximo día 6 de outubro o Banco citou a toda a Representación Legal dos Traballadores, RLT, para iniciar formalmente o período de consultas que marca o artigo 51 do Estatuto dos Traballadores sobre o DESPEDIMENTO COLECTIVO anunciado. Previsiblemente, na mesma data o Banco presentará oficialmente á autoridade laboral a súa proposta para o DESPEDIMENTO de 3.000 PERSOAS, E A PERDA DE 3.000 POSTOS DE TRABALLO!!!

Previamente, toda a Representación Legal dos Traballadores fixemos propostas de flexibilidade interna durante o período establecido no artigo12 do vixente Convenio Colectivo de Banca para que a presentación deste SALVAXE ERE non se materializase, ao cal a empresa fixo oídos xordos.

Como primeira medida, aproveitando a reivindicación do Día Mundial por un TRABALLO DIGNO E CON DEREITOS, que se celebra esta mesma semana, e dado que a PERDA E DESTRUCCION DE 3.000 POSTOS DE TRABALLO é unha das máximas antíteses desta reivindicación, toda a representación sindical -excepto SEGRUPO- axuntamos forzas e imos mobilizarnos nas manifestacións e concentracións convocadas en todos os territorios para manifestar o noso rexeitamento a este DESPEDIMENTO COLECTIVO.
Máis información:

Desde CCOO instamos a todas as persoas que traballan no Grupo Banco Popular, familias, amigos, etc para que participen nestas mobilizacións. Cantos máis sexamos, mellor.
  • DIA 8 DE OUTUBRO: 12.00 h Concentración diante da OP do B. Pastor en Santiago 
                                 12.30 h. Concentración diante da OP del B. Popular, tamén en Santiago
                                 13.00 h. Asemblea de traballadores na Praza do Toural
  • DIA 13 DE OUTUBRO:  De 18.00 a 19.00 horas Concentración de traballadores e traballadoras na OP do Banco Pastor, Cantón Pequeno, 1 de A Coruña.
  • DIA 20 DE OUTUBRO:  De 18.00 a 19.00 horas. Concentración de traballadores e traballadoras na OP do Banco Popular, c/Policarpo Sanz, 23 de Vigo.


Xuntanza da estrutura da Federación de Servizos de Galicia coa nova Dirección Provisional

Despois da disolución da anterior executiva da Federación de Servizos de Galicia, hoxe martes, seis de agosto celebrouse unha xuntanza en Santiago á cal asistiu a estrutura cos integrantes da Dirección Provisional.

Tratáronse diversos temas, entre os cales están a situación da Federación, a atención sindical e a organización do traballo ata o Congreso da Federación que se celebrará o próximo quince de marzo.

Na imaxe, e de esquerda a dereita, algúns dos integrantes da Dirección Provisional: Alejandro Salvador (apoio Organización), Benito Gutiérrez (presidente da Dirección Provisional), Francisco Villares (responsable de Organización) e Raquel Blanco (apoio Acción Sindical).



Despois de 18 meses de mobilizacións

En Aforro temos Convenio: regulamos dereitos

Nos últimos 18 meses CCOO fixemos manifestacións, concentracións en todas as sedes das antigas caixas e recollida de firmas do persoal. O resultado de todo iso é que finalmente temos Convenio.
A Patronal mostrou a súa peor cara cun claro obxectivo: deixar de ter Convenio, e se iso non era posible desregular e baleirar o Convenio colectivo de Aforro para converternos nun sector "lowcost". 


Todos os sindicatos denuncian que se rescindan contratos baixo a acusación de "baixa productividade"

Readmisión despedidos BBVA. Ante a súa agresión, a nosa resposta Colectiva

BBVA procedeu a despedir, sen apertura de Expediente Disciplinario previo, e por tanto en clara situación de indefensión, a 14 persoas á vez, baixo a acusación de "ruptura da boa fe contractual, por baixa produtividade". Maioritariamente ocupaban postos Comerciais, aínda que tamén hai algún GAC, todos na Rede de Oficinas.

Que se despediran a dúas persoas por Territorial, coa excepción de 3 no Centro e 1 en Canarias, xa dá unha idea clara de que esta medida non ten nada que ver coa obxectividade nin coas persoas afectadas. Estamos ante unha agresión directa contra o emprego do conxunto do persoal. Buscan preparar o terreo e AMEDRENTAR ao conxunto de traballadores e traballadoras do BBVA. A orixe desta forma de actuar é consecuencia da mediocridade e incapacidade dos directivos do banco. Lonxe de asustarnos, só cabe responder coa contundencia que o momento require.

Por ese motivo nos manifestamos, ao igual que outras capitais de provincia, onte en A Coruña:



O sindicato mantén a maioría da representación no comité provincial do banco

CCOO gaña as eleccións na oficina principal de Abanca en Santiago de Compostela

A Federación de Servizos de CCOO gaña as eleccións na oficina principal de Abanca en Santiago de Compostela. Como xa aconteceu catro anos atrás, a candidatura presentada por Comisións conseguiu dous representantes no comité de empresa, fronte a dous de ASCA e un da UGT, que entra no comité á custa da CSICA. Ademais, CCOO foi o sindicato máis votado nuns comicios en que participou a totalidade do persoal, polo que manterá a presidencia do órgano de representación. Segue


Rexeitamento frontal aos despidos arbitrarios

Saímos de novo á rúa: ABANCA despide inxustamente. READMISIÓN!!

Tal como informábamos o día vinte deste mes, volvemos a concentrarnos esixindo a readmisión do compañeiro despedido.





Salud Laboral

Dudas y preguntas sobre Salud Laboral. Trabaja de manera segura.

Transparencia CCOO

Portal Transparencia Servicios CCOO: Cuentas, documentación, decisiones

Calendario Laboral Calendario Laboral 2015
Guía derechos de trabajadores y trabajadoras Guía de los derechos de trabajadores y trabajadoras en la empresa. Tambien puedes consultar los Efectos de la Reforma Laboral sobre los derechos de los trabajador
Consulta sobre pensiones
Consultas sobre pensiones