Continuando co calendario de concentracións, traballadoras e traballadores do Grupo Banco Popular saíron á rúa para amosar o seu rexeitamento á postura inmobilista do Banco na negociación do ERE. Así mesmo, as organizacións sindicais convocan unha folga que terá lugar o día 10 de novembro.
A requirimento de CCOO na Mesa de Negociación, a Dirección do Grupo reduciu o número de traballadoras e traballadores afectados polo proceso.
Tras as mobilizacións en todos os territorios do pasado día 20 e tamén de xornadas anteriores, onte mércores, 26 de outubro, o persoal saímos á rúa para defender os nosos postos de traballo, a Dirección do Grupo cedeu á reivindicación de CCOO, admitindo que NON SOBRAMOS 2900 persoas en Banco Popular e Banco Pastor.
Na quinta reunión da Mesa Negociadora, a Dirección situou a nova cifra en 2.592 persoas, reducindo en aproximadamente uns 400 o total dos 3.000 despedimentos anunciados ao inicio.
CCOO opoñémonos a este proceso de Despedimento Colectivo, do cal os traballadores non tiveron ningunha culpa, aínda que agora a paguen. Con todo, a reforma laboral -a Lei actualmente vixente- obríganos a todos a buscar o mellor acordo, se é posible.
- Por iso CCOO esiximos a mellora das condicións dos despedimentos e o respecto da voluntariedade.
- Por iso CCOO continuamos a nosa loita para reducir os efectos deste salvaxe Despedimento Colectivo
- Por iso CCOO seguimos negociando e, unha vez conseguida unha primeira redución do número de persoas afectadas polo proceso, presentamos na Mesa Negociadora a nosa plataforma.
A próxima mobilización está convocada para o día 2 de novembro ás 18:00 en Lugo, Comenzando en Rúa da Raiña ( B Pastor OP) e rematando en Praza Maior (B Popular OP)
Yolanda Díaz e Miguel Anxo Fernán-Vello achéganse aos manifestantes para escoitar as súas demandas
Coincidindo co inicio da X lexislatura do Parlamento de Galicia, traballadoras e traballadores de Grupo Banco Popular manifestáronse para expresar o seu total rexeitamento ao ERE salvaxe que pretende levar a cabo o Banco.
Os deputados de En Marea Yolanda Díaz e Miguel Anxo Fernán-Vello achegáronse aos manifestantes para amosar o seu apoio e escoitar de primeira man as demandas dos traballadores.
As próximas mobilizacións están convocadas para os días 26 ás 18:30 en Ourense, e 2 de novembro ás 18:00 en Lugo.
En defensa de 2.900 postos de traballo
Este xoves, 20 de outubro, ás 18:00 horas, tivo lugar unha nova concentración do persoal do Banco Popular, ante a oficina principal de Vigo, en protesta pola intención de despedir a 2900 persoas nun proceso de Expediente de Regulación de Emprego.
Con estas mobilizacións preténdese demostrar ao banco que non estamos de acordo coa súa proposta de Despedimento Colectivo. Queremos que se reduza o número de persoas implicadas e que quen, voluntariamente desexe finalizar a súa vida profesional no banco, poida facelo dignamente.
Mentres que se pretende despedir a tantas persoas neste proceso de ERE salvaxe, non cesan as prácticas ilegais de prolongación de xornada, que tantas veces se denunciaron ante Inspección de Traballo, ademais de poñer en risco a viabilidade futura da empresa.
Continúa o calendario de mobilizacións
O 13 de Outubro, coincidindo con unha nova xuntanza da Mesa Negociadora, a Representación Legal dos Traballadores, excepto SEGRUPO, voltamos a movilizarnos. En Galicia, a concentración fíxose na Coruña, frente a Fundación Barrié. Fai un mes que o Banco Popular comunicou a sua intención de levar a cabo un E.R.E. que seguimos vendo non xustificado. Un mes no que a Alta Direción segue sen dar a faciana perante os sus empregados asumindo a súa responsabilidade. Un mes de adiantos insinificantes na negociación que impiden chegar a unha solución consensuada.
Por estas razóns, seguiremos a facer novas concentracións en horario de tarde, para posibilitar a participación dos compañeiros.
Novas movilizacións: Xoves, 20 de Outubro, en Vigo. Mércores, 26 de Outubro, en Ourense. Esperámoste !!¡¡ Non sobramos 2.900 !!
DEFENDE O TEU POSTO DE TRABALLO
Concentracións en todo o estado rexeitando un ERE salvaxe
O pasado 15 de setembro a dirección do Grupo Banco Popular anunciou un proceso de reestruturación que terá como resultado o espedimento Colectivo de 2.900 traballadores e traballadoras dos Bancos Popular e Pastor e o peche de 300 oficinas , en todo o Estado. A repercusión esta medida en Galiza será importante, na medida en que as 435 persoas afectadas supoñen o 25% do cadro de persoal destes dous bancos. Hoxe os traballadores saíron á rúa en Santiago.