Archivado en Campañas, Condiciones de trabajo, Teletrabajo, Contact Center, Enxenerías Inspección Técnica, Planificación e Consultorías, Sector Financeiro, Seguros e Mutuas, Accion sindical

Liñas de actuación ante o máis que posible incremento desta modalidade de traballo e os seus posibles cambios na organización do traballo

Teletraballo, veu para quedar. Desconexión dixital


teletraballo

O teletraballo é unha forma de organización e prestación do traballo que responde tanto á innovación e implementación das novas tecnoloxías da información e a comunicación, canto aos requirimentos de maior flexibilidade organizativa nunha contorna cambiante.

A esta forma flexible de organización é frecuente atribuírlle extraordinarias capacidades en orde a mellorar as necesidades, sexa de conciliación da vida laboral e familiar, de flexibilidade, de produtividade, sexa, mesmo, de incrementar a activación de colectivos especialmente vulnerables, como serían as persoas con discapacidade

O teletraballo non é apto para todo tipo de traballos, senón que só é posible para aquelas tarefas teletraballables, é dicir, aquelas que poden realizarse a través de medios tecnolóxicos.

Aínda que, aos comezos nos que se empezou a falar e implantar este modo de traballo se previron unhas grandes expectativas de desenvolvemento e implantación, e a pesar da maior dispoñibilidade de medios tecnolóxicos cada vez máis avanzados, non tivo o desenvolvemento previsto. O porqué non se cumpriron esas expectativas é un tema controvertido, prognosticábase en moitos foros e investigacións un gran número de persoas teletraballando nun limitado espazo de tempo que despois non chegou a cumprirse, chegouse a supor que o teletraballo podía supor unha revolución nas formas de organizar o traballo, pero isto non chegou a materializarse. Os expertos din que un dos principais factores para que non se alcanzaron as cifras prognosticadas xorde pola falta de formación, malestar pola xestión nas empresas dos programas flexibles de traballo e á escaseza de información.

Aínda que a porcentaxe de persoas teletraballando vai en aumento, parece que até agora moitas empresas se resistiron a adoptar medidas dirixidas á adopción do teletraballo.