Centros de Chamadas: Hoxe folga estatal para desbloquear o convenio
O persoal do sector dos centros de chamadas está convocado hoxe a unha folga de 24 horas a nivel estatal por CCOO e UGT. O motivo é o bloqueo das negociacións do convenio por mor a actitude obstrucionista da patronal, pois non houbo avances nas negociacións nos últimos dous anos e medio.
A Federación de Servizos de CCOO denuncia que ao persoal do sector se lle conxela o soldo desde o ano 2019. É un persoal moi profesional e que non percibe ningunha compensación de gastos por teletraballar. Ademais, en moitas perciben o SMI, polo que padece de xeito especial o impacto da inflación.
As traballadoras e traballadores dos centros de chamadas son as persoas que están do outro lado do teléfono cando a cidadanía pide asistencia en sectores tan importantes como a banca, a enerxía, a sanidade ou as telecomunicacións e operan para empresas como Santander, Abanca, Inditex, Orange, R Cable, Vodafone, Natural, Iberdrola, Endesa, etc.
CCOO realizou unha manifestación o propio 13 de maio que partiu ás 11:30 do Obelisco da Coruña e rematou na praza de Mina.
Convenio Colectivo de Hostelería de la Provincia de Ourense
Ver texto do Convenio colectivo de Hostalaría da provincia de Ourense para os anos 2022-2024 (BOP 10/05/2022 pag.3)
Convenio Alimentación A Coruña: A nosa resposta á patronal
Na reunión do 28 de abril contestamos ás súas propostas:
- Propón un convenio a 6 anos (2022-2027)
Para CCOO non pode ser de máis de 4 anos 2022-2025 e iso en función dos incrementos salariais de cada ano, que teñen que ser importantes. Ler máis.
Actualización pluses Grupo Inditex
Con motivo de situación que estamos a vivir derivadas do covid-19, a guerra de Ucraína e a repercusión que está a ter nos incrementos de prezos que disparan o IPC, as centrais sindicais UGT e CCOO, dirixímonos á dirección de INDITEX para solicitar a actualización a IPC Real dos pluses que abona o Grupo Inditex (Plus provincia, plus sede,?) ás persoas traballadoras das distintas cadeas en GALICIA.
Ademais, solicitamos que este incremento do 6,5% (IPC do ano 2021) se abone con efecto retroactivo de data 1 de xaneiro de 2021. Lembrar que Inditex xa paga o 1,5% a conta, polo que a diferenza sería un 5%.
Esta actualización e abono correspondente, son independentes dos diferentes convenios colectivos provinciais e calquera concepto salarial que neles aparezan. E de futuras negociacións que se poidan ter con Inditex. Ler máis
Convenio Comercio Alimentación Coruña: Por un convenio digno e salarios xustos
O persoal do Comercio de Alimentación fomos considerados esenciais durante toda a pandemia, expoñendo a nosa saúde e a das nosas familias para atender a toda a cidadanía, e evitar desabastecementos en momentos tan complicados.
Agora toca negociar o noso convenio colectivo e é o momento de que se recoñeza este traballo.
A diferenza doutros sectores, non se pode dicir que o sector da alimentación fose un sector especialmente afectado por problemas económicos derivados do covid-19, máis ben todo o contrario. Ler máis.