¿Defender tus derechos?

Defiende tus derechos.  Afíliate a CCOOAcceso a Zona afiliacion

Consultas Laborales

Consultas laborales más frecuentes. Si no la encuentras, pregúntanos.

Convenios Colectivos

Convenios Colectivos aplicables en Galicia


Masiva mobilización das persoas traballadoras do comercio vario de Coruña por un convenio digno

manifestación comercio vario coruña

O sector do comercio vario da provincia da Coruña mobilizuse este domingo, día 26 de marzo. Os sindicatos Comisións Obreiras (CCOO), UGT e CIG, que promoven as mobilizacións, denuncian que a parte empresarial pretenden «condenar» os traballadores e traballadoras «a salarios conxelados ou de miseria». Ler máis


CCOO Servizos ante o 8 de Marzo de 2023: A igualdade é un plan que funciona

8M CCOO

"A actuación cotiá de defensa da igualdade e a loita contra a discriminación levou ao sindicato á aprobación por unanimidade da inclusión do feminismo como principio estatutario de CCOO no seu 12º Congreso Confederal".

Podemos dicir con orgullo que somos a maior organización feminista deste país. As mulleres están a afiliarse máis ao sindicato e mantéñense afiliadas a pesar de que traballan nos sectores máis precarios e con peores condicións de estabilidade no emprego. Para a Federación de Servizos en Galicia isto non son simples palabras, é unha realidade que podemos comprobar desde todas as áreas e comarcas, onde as mulleres están a asumir de forma notable a máxima responsabilidade. Ler máis


CCOO mobilízase en Primark

concentracións PRIMARK

Hoxe, 1 de marzo, ante o inmobilismo e falta de vontade negociadora da empresa, o persoal de Primark mobilizouse de 12:00 a 13:00 en Marineda (Coruña), xunto a múltiples tendas de todo o estado.

En plena negociación do Convenio de Primark e ante a falta de acordos, o sindicato viuse abocado a elevar o nivel de tensión no conflito convocando unha primeira fase de mobilizacións en todo o país para tratar de dar un golpe de temón á deriva precarizadora que está a adquirir a empresa.

O sindicato quere reclamar un trato xusto por parte da empresa, porque sen o seu persoal non crece e non continua tendo avultados beneficios. Estas concentracións pretenden ser o punto de inflexión a través do cal a empresa acepte as propostas que CCOO defende desde a primeira reunión do Convenio, que se sintetizan en:

  • Incremento salarial ao nivel do IPC, 6% adicional en 2023, 6% en 2024 e se a empresa quere que o Convenio sexa de tres anos, terá que aceptar outro 6% para 2025.
  • Domingos: aumentar os 30 ? propostos pola empresa e reducir aínda máis o límite a traballar.
  • Descansos cualificados: Os 12 sábados + domingos.
  • Eliminar a quenda 1 de vacacións que dá comezo en maio, a referencia debe ser o 21 de xuño.
  • Sistema para aumentar as horas do contrato de forma progresiva.

Pola defensa destas xunto a outras propostas que o sindicato quere introducir no Convenio de Primark, para que sexa xusto e compense ao persoal polo seu esforzo nos últimos anos


Froiz despide por enfermar

despedimentos Froiz web

Beatriz levaba traballando varios anos como charcuteira de Froiz en Brión, cortando friame de xeito continuado durante moitas horas todos os días de luns a sábado. Seguramente vos terá  atendido a moitas/os de vós. 

Beatriz enfermou. Despois de anos de repetir o mesmo movemento o seu ombro non puido máis e os médicos prescribiron unha baixa que se prolongou durante varios meses. Cando se incorporou, Froiz non lle deu alternativa e asignouna de novo a cortar friame durante horas sen descanso. Aos cinco días despediuna por considerar que cometera un acto de indisciplina ao baixar o seu rendemento "de xeito voluntario". Ningunha compañeira percibiu esa baixada de rendemento a pesares da dor coa que traballaba.

A varias compañeiras de toda Galicia lles pasou exactamente o mesmo que a Beatriz. Froiz sempre di que os xefes da empresa son os clientes. Pois valoren vostedes se queren mercar en Froiz. Esiximos readmisión!!


Homologa salariamente todas as marcas e territorios, en retribucións fixas e variables, concretando salarios fixos garantidos de entre 18?000 e 24?500

Acordo histórico en Inditex: a igual traballo, igual salario

Acordo INDITEX

CCOO, como sindicato maioritario no Grupo Inditex, alcanzou un acordo histórico que homologa salariamente todas as marcas e territorios, en retribucións fixas e variables, concretando salarios fixos garantidos de entre 18 000 e 24 500 euros, a través dun complemento que se revalorizará no futuro baseándose no IPC. Ademais, conseguíronse avances de moito calado en condicións sociais e o compromiso de negociar medidas sobre parcialidade e tempos de descanso no marco da negociación do plan de igualdade de grupo. Ler máis


22.000 persoas pendentes do seu convenio e do seu incremento salarial nun entorno de IPC disparado

Parálise no convenio comercio vario de A Coruña

convenio comercio vario coruña

Desde CCOO indicamos na mesa de negociación á patronal e resto de sindicatos que era imprescindible axilizar as reunións, e de ser necesario, celebrar unha semanalmente co fin de avanzar na negociación e tentar conseguir un acordo antes de finalizar o ano.

En decembro 2022, tivemos reunións os días 12, 16 e 22. En xaneiro 2023, os días 3 e 19. E en febreiro, cancélase a reunión prevista para o pasado martes día 7.

Para CCOO é incomprensible a retardación da negociación, que desde o día 22 de decembro se paraliza de forma notable, despois de tratar na mesma como tema exclusivo a inclusión no convenio do Plus Compensatorio de Beneficios que só afecta a INDITEX, dando a impresión de que unha vez alcanzado este obxectivo, xa non hai tanta présa en manter a axilidade da negociación e poder así alcanzar canto antes un acordo no resto de temas que afectan ás 22.000 persoas que están baixo o paraugas deste convenio.

Esta paralización é moi grave para o sector desde o punto de vista de CCOO, porque non só repercute na perda de poder adquisitivo do persoal, senón que ademais pon en risco o abono de atrasos de convenio, sen ter en conta o resto de medidas que se negocian no mesmo e que tardarán máis en entrar en vigor.

Ante esta situación non nos queda outra alternativa que expor a posibilidade de convocar mobilizacións no sector, en CCOO temos claro que non podemos permitirnos un novo ano en branco


Salud Laboral

Dudas y preguntas sobre Salud Laboral. Trabaja de manera segura.

Transparencia CCOO

Portal Transparencia Servicios CCOO: Cuentas, documentación, decisiones

Calendario Laboral Calendario Laboral 2015
Guía derechos de trabajadores y trabajadoras Guía de los derechos de trabajadores y trabajadoras en la empresa. Tambien puedes consultar los Efectos de la Reforma Laboral sobre los derechos de los trabajador
Consulta sobre pensiones
Consultas sobre pensiones